Xaneiro de 2012
 
 

16/01/2012

   CUTUDC / Novidades

  ACTUALIDADE
 

Os privilexios da Igrexa sálvanse dos recortes

Malia os recortes aprobados polo novo Goberno, a Igrexa católica vai continuar recibindo uns 10.000 millóns de euros ao ano entre subvencións directas, doazóns económicas, cesións de terreos e exencións de impostos como o que pesa sobre os bens inmobles (IBI) que é, precisamente, un dos que incrementou o Executivo do Partido Popular.

 

  • Neste caso, non pagar IBI significa que os municipios deixan de ingresar uns 1.500 millóns e uns 250 a través do IRPF sinalou Tardà
     
    Este "privilexio" ten a súa orixe na Lei Hipotecaria de 1946 que permite á Igrexa non matricular no Rexistro da Propiedade de Inmobles os edificios non inscritos a nome de ninguén. Nin que dicir ten que moitos dos templos e recintos relixiosos, historicamente, foron edificados en terreos cedidos polo común, propiedade do pobo.
     
    O PSOE non fixo nada, salvo incrementar as doazóns públicas á Igrexa, e do PP non podemos esperar nada, tampouco. A dobre moral da xerarquía eclesiástica fai que viva dos privilexios e, a miúdo, avergonza aos católicos de boa fe.
     
    O Goberno do PSOE paralizou a publicación da Lei de Liberdade Relixiosa en verán de 2010, en vésperas das eleccións autonómicas catalás, co obxectivo de evitar abrir unha fronte laicista no seu electorado.

     

CUT da UDC . SEMPRE DO LADO DAS TRABALLADORAS E TRABALLADORES

cutudc.com, 2009. Publicado baixo licencia Creative Commons DHTML Menu By Milonic JavaScript