Xaneiro de 2012
 
 

16/01/2012

   CUTUDC / Novidades

  ACTUALIDADE
 

A boa noticia do luns

Para empezar con bo pé a semana, tráiolles unha boa noticia, que non todo van ser penas: quitámonos xa de enriba unha semana de 2012.

 

  • É dicir, só nos quedan 51 semanas para pasar o Annus Horribilis. Ou o que é o mesmo: 51 Consellos de Ministros (si, conto agosto, que as vacacións serán o próximo en desaparecer) que nos terán en vilo toda a semana ata coñecer o aprobado.
     
    Pasou o venres, cando todos estabamos fronte ao televisor esperando un novo machadazo. Finalmente non chegou, pero o efecto estaba conseguido, pois todos asumimos con normalidade que ao mellor tocaba subir o IVE, recortar máis ou meter algún copago. Penso que o goberno amagou precisamente para iso, para alimentar a nosa ansiedade e este estado de ánimo entre expectante e resignado.
     
    Varias enquisas recentes retratan ese estado de ánimo colectivo. Non fai falta unha sondaxe para saber que estamos depres, pero as enquisas din ata que punto chega a nosa prostración. Segundo o CIS, o 70% cre que a crise empeorará en 2012, o que avala o discurso dos salvadores da patria, os do "eu non quería, pero a gravidade da situación obrígame a iso". A mesma porcentaxe di que a crise é materia de conversación habitual con amigos e familiares, aínda que máis útil sería saber que se di nesas conversacións, se predomina a rabia ou o fatalismo.
     
    Polo que indican outras enquisas, parece máis ben o segundo. Segundo unha sondaxe Del mundo, o 61% quere que se adelgace máis o Estado e se recorte máis gasto público. Os enquisados piden que non afecte a sanidade e educación, pero iso soa a obxección débil unha vez deches por bo o discurso da tesoira. O mesmo diario asegura que a metade dos mozos apoia os minijobs, demostrando para que serve un paro xuvenil de case o 50%. Outra enquisa en La Razón ía na mesma liña: o 72% cree necesarios máis axustes.
     
    Tres anos e pico de crise cocéronnos a pouco lume para abrandar a nosa resistencia, deixándonos a punto para que agora chegue un goberno-macho-alfa e nos dea a cana que faga falta.

     

CUT da UDC . SEMPRE DO LADO DAS TRABALLADORAS E TRABALLADORES

cutudc.com, 2009. Publicado baixo licencia Creative Commons DHTML Menu By Milonic JavaScript