16/01/2012
CUTUDC / Novidades
ACTUALIDADE
Imputan ao reitor da USC por prevaricación e malversación
O Xulgado de Instrución número 2 de Santiago de Compostela imputou ao reitor da Universidade de Santiago (USC), Juan Casares Long, polos delitos de prevaricación e malversación de fondos públicos
Os portavoces de CIG Paulo Rubido,
secretario nacional de CIG-Servizos, e Raimundo
Méndez, secretario de comunicación, cultura e
deporte da Federación de Servizos de UGT,
informaron deste caso nunha conferencia de
prensa conxunta. Na querela polo penal aceptada
polo xulgado compostelán, están tamén imputados
o anterior xerente da Fundación USC Deportiva,
Carlos Feijóo Novoa, e a traballadora Rocío
Bulmes Fraga.
A avogada Eva Vales, que os acompañou na
comparecencia, explicou que polo primeiro dos
delitos, a pena sería de
O asunto iniciouse cos primeiros pasos para a
realización de eleccións sindicais na Fundación
universitaria, en outubro de 2009, para a súa
celebración en febreiro de 2010. O mesmo día de
presentación das candidaturas, a Universidade
decidiu o despedimento da traballadora Pilar
Díaz, candidata de UGT, que en primeira
instancia obtivo unha sentenza de nulidade,
aínda que o Tribunal Superior de Xustiza de
Galicia considerouno improcedente, polo que foi
indemnizada, aínda que levou o asunto ao
Tribunal Supremo, onde agora se atopa.
Os sindicalistas denunciaron que a traballadora
despedida foi substituída nun proceso que
consideran irregular, por unha empregada
eventual, monitora deportiva da piscina, que
pasou a fixa, «a dedo», e que é a terceira
imputada pola demanda penal que presentou a
CIG.
UGT, pola súa banda, presentou tamén unha
demanda contencioso-administrativa, polos
defectos da convocatoria, en que se valoraron
un 30% a experiencia, de igual xeito aos
contratados parciais que a tempo completo, e un
20 por cento a entrevista, unhas desproporcións
que consideran ilegais, polo que demandan a súa
anulación.
Os representantes sindicais cren que o concurso
foi organizado ad hoc para conceder a praza á
persoa que finalmente a obtivo. A avogada non
descartou na conferencia de prensa a
posibilidade de que a querela se amplíe a
outros delitos, como o de fraude ou o de
suborno.
Rubido considerou que a Universidade non pode
ter un reitor cunha imputación firme, polo que
demandou a súa «inmediata dimisión» e a
apertura dun concurso público transparente e a
apertura dunha mesa de negociación para
«racionalizar» a situación da Fundación USC
Deportiva. Tamén Méndez rexeitou esta situación
e considerou máis «inadmisible» aínda o
despedimento dunha candidata sindical nun ente
público que nunha empresa privada, e subliñou
que o actual reitor era coñecedor destas
irregularidades.
Antes do seu nomeamento
O reitor considera «incomprensible» a actitude
de CIG e UGT ao implicalo nunha querela por
feitos relacionados coa Fundación USC
Deportiva, e argumenta que non interveu no
proceso denunciado. Nun comunicado, o reitor
sinala que non participou nestes feitos «nin a
título persoal nin como reitor, xa que foron
con anterioridade ao seu nomeamento como
presidente do padroado da Fundación, o 30 de
xullo de 2010».
Aínda que non se indica na denuncia, a nota do
reitor sinala que «pode deducirse» que a
acusación se dirixe contra el na súa condición
de presidente do citado padroado, «cargo que
asumiu despois dos feitos denunciados»,
reitera.
Tras recordar que a denuncia se dirixe contra
tres persoas, resalta tamén que en «o relato
dos feitos da querela non figura para nada» e
«nin sequera secíta ao reitor». Tamén sinala
que a querela se atopa en fase de instrución,
«polo que o xulgado non puido aínda oír ás
partes, nin tomou unha decisión sobre a mesma».
Finalmente, Juan Casares anuncia que se reserva
o exercicio de accións legais contra os
querelantes, por entender que se trata dunha
«denuncia falsa», así como as posibles accións
civís polo dano ocasionado. Casares Long
conclúe que non se pode manchar o nome das
persoas e desprestixiar ás institucións de
forma gratuíta, como fan os autores desta
demanda».
Noticia recollida da prensa escrita
Quen somos | Contacto | Axuda
cutudc.com, 2009. Publicado baixo licencia Creative Commons DHTML Menu By Milonic JavaScript