16/01/2012
CUTUDC / Novidades
ACTUALIDADE
… Outro vaise
Un simple repaso polo seu período de goberno deixa moitas máis sombras que luces na xestión do sr. Barja
O sr. Barja chegou ao goberno da
Universidade despois de anos dun goberno que,
si
para o conxunto da Universidade foi malo, para
o PAS foi nefasto. O sr. Meilán partindo da base dunha
concepción patrimonial da institución argallara,
no seu momento, un aparato administrativo á
medida desa concepción sen respectar, no
camiño, nin as máis mínimas formalidades
democráticas.
A chegada do sr. Barja na que moitos dos PAS
nos involucramos para lle facilitar o seu
apousentamento na cadeira de goberno da UDC
creou unhas expectativas no colectivo que, co
paso do tempo, comprobáronse como irreais.
Os compromisos adquiridos que fundamentaban o
apoio e polos que solicitamos o voto do
colectivo de PAS quedaron sen cumprir, incluso o
talante aberto e conciliador co que se vendeu o
seu proxecto, co paso do tempo, e, a medida que
apareceron as dificultades, amosouse similar ao
que, entre outras cousas, nos levou a rexeitar
a actitude do Reitor anterior. A imposición
cando non o desleixo e o desprezo foron
abríndose paso paulatinamente tanto nas formas
como nos feitos.
A xestión realizada durante estes anos foi, en
liñas xerais, cando menos decepcionante e
rexeitable.
A ilusión coa que no seu momento nos fixo
celebrar o seu comezo de mandato deu paso á
decepción pola xestión realizada.
Adeus.
Quen somos | Contacto | Axuda
cutudc.com, 2009. Publicado baixo licencia Creative Commons DHTML Menu By Milonic JavaScript