16/01/2012
CUTUDC / Novidades
ACTUALIDADE
Denuncian novos recortes que nos orzamentos do 2012 van afectar de maneira máis acusada á Área Sanitaria de Ferrol
A Plataforma pola Defensa da Sanidade Pública de Ferrol integrada na Plataforma SOS Sanidade Pública quere denunciar á opinión pública os novos recortes que nos orzamentos do 2012 que van afectar de maneira máis acusada á Área Sanitaria de Ferrol como xa sucedera no 2011 e como ven sucedendo desde que o Sr. Núñez Feijoo preside a Xunta de Galicia.
A Área Sanitaria ve como so lle asignan
68.000 euros para desenvolver o
Plan Funcional de Investimentos o que vai
impedir que o Hospital Naval poida actualizarse
e facer que a Área Sanitaria Pública non teña
que depender de concertos con Hospitais
Privados e teña que desviar menos doentes á
Área Sanitaria da Coruña.
Nos orzamentos do ano 2011, que xa supuxeron
unha diminución, se lle asinaban á Área
Sanitaria de Ferrol 600.000 euros para o
Plano Funcional de Investimentos, e agora
nove veces menos. Ese é o compromiso da Xunta
de Galicia coa Área Sanitaria de Ferrol, que o
Xerente aplaude e fronte ó que o alcalde da
cidade de Ferrol non di absolutamente nada.
Tampouco existe compromiso orzamentario para a
construcción dos novos centros de Saúde
previstos: Cedeira, Narón, Ares e A Capela,
estes dous últimos xa case tiñan que estar
construídos. Segue paralizado o Centro de Saúde
de As Somozas e xa veremos si se chega executar
a ampliación do Centro de Saúde de Serantes.
A esto haille que sumar que a actual Xunta de
Galicia eliminara os compromisos de
investimento de 63 millóns de euros no Hospital
Naval, anulara o Plano de Mellora de Atención
Primaria, que ía supoñer un importante
incremento de profesionais na Área sanitaria, o
Plano de Saúde Mental e Drogodependencia,
ademais de deixarnos fóra do Plano de Alta
Tecnoloxía (Tacs, Resonancias Magnéticas, PET,
Ecógrafos de Alta Resolución etc).
Peche de camas, xa desde o mes de xuño, incluso
en Pediatría, cousa que non tiña sucedido
nunca.
Vaise deixar sen ningún contido asistencial o
Hospital Novoa Santos.
A todo isto temos que sumar os recortes en
persoal, a non cobertura nas baixas, permisos,
vacacións etc. A volta de contratos de luns a
venres e moitos contratos a media xornada ou
por horas para substitucións en precario pola
ausencia dun profesional que desenvolve o seu
traballo a xornada completa co conseguinte
prexuízo para os usuarios.
A privatización de servizos de mantemento,
compras e subministros, central de chamadas,
Pola contra nos orzamentos da Xunta en materia
sanitaria no ano
Tamén resulta absolutamente impropio e
ilexítimo, aínda que sexa legal, o nomeamento
como nova Conselleira de Sanidade a unha persoa
que ten moitos intereses na Sanidade Privada
concertada, Dona Rocío Mosquera, non hai
que esquecer que estaba ligada ó grupo Povisa,
con quen a Xunta de Galicia está negociando un
novo concerto para os próximos 10 anos. O
hospital Povisa na actualidade ten un concerto
co Sergas de 72 millóns de euros anuais e e o
que ten as maiores listas de espera de todos. E
preciso lembrar que o novo Hospital de Vigo con
financiamento e xestión pública e con 1500
camas ía custar 500 millóns de euros que é o
que se lle paga a Povisa en 7 anos.
Temos que sumar tamén o cobro de 10 euros pola
renovación da tarxeta sanitaria, a non
prestación de asistencia sanitaria ós
inmigrantes que leven menos de 183 días de
residencia, o recorte a entidades asistenciais
como Asfedro ou Lazos-Comité Antisida, o
anuncio de cobro por receita, e polo transporte
sanitario non urxente, ademais do anuncio feito
polo presidente da Xunta de Galicia de cobro da
comida hospitalaria , aseo e outros servizos
como lencería etc.
Desde a Plataforma pola Defensa da Sanidade
Pública de Ferrol, ademais de formular esta
DENUNCIA, facemos un chamamento á mobilización
constante en defensa do dereito a unha Sanidade
Pública, Universal e Gratuíta (financiada a
través dos impostos) e en contra dos recortes
de das privatizacións.
Desde esta plataforma imos desenvolver un
traballo intenso, nos próximos catro meses, de
recollida de sinaturas a prol de
Iniciativa Lexislativa Popular en Defensa da
Sanidade Pública, son precisas 15.000, e de
explicación na rúa e nos locais das asociacións
da seria e real ameaza que para a Sanidade
Pública supón a Xunta de Galicia que preside o
Sr. Nuñez Feijoo que pretende converter
un dereito nun negocio como sucede en Madrid e
en Valencia, que acaba de ser intervida polo
Goberno do Estado.
Ferrol a 5 de xaneiro de 2012.
Asdo./ Xosé Miguel López e Lois
Méndez, portavoces da Pdspf
Plataforma en Defensa da Sanidade Pública de
Ferrol
www.plataformadspferrol.blogspot.com
plataformadspferrol@gmail.com
Para descargar nota de prensa
Para o Mércores día 25 de Xaneiro ás 6 da
Tarde, no local da Asociación Veciñal de
Esteiro (Rúa Fernando VI, Bloque I baixo s/n)
de Ferrol, está convocada a Asemblea Plenaria
da Plataforma en Defensa da Sanidade Pública da
Área de Ferrol - Participa !!
PARÉMOSLLES OS PES XA, AGORA !!
NON ESPEREMOS A QUE DESMONTEN A SANIDADE
PÚBLICA !!
NON Á PRIVATIZACIÓN !!
____________ _
Información baseada na envida por:
Plataforma en Defensa da
Sanidade Pública Ferrol
-plataformadspferrol@gmail.com-
http://artabra21.blogspot.com/
Quen somos | Contacto | Axuda
cutudc.com, 2009. Publicado baixo licencia Creative Commons DHTML Menu By Milonic JavaScript