09/01/2012
CUTUDC / Novidades
ACTUALIDADE
Ricos cada vez máis ricos: as vendas de coches de luxo dispáranse un 83%
Mentres se derruba a venda de coches de gama pequena e media, o segmento de luxo bate marcas. A crise, que a paguen os traballadores.
O Audi A8, un dos coches máis exclusivo
da marca dos catro aros e berlina de
representación por excelencia da casa alemá,
custa na súa versión máis económica 73.320
euros. Pecata minuta para os 265 clientes que
optaron por este vehículo en 2011, un 21,6%
máis que o ano anterior. E é que a crise non
toca a todos por igual. Nin sequera parece ter
rozado o segmento dos coches de luxo. Os
fabricantes venderon 2.456 turismos de alta
gama o pasado exercicio, un 83,15% máis en
2010. Un auxe que contrasta coa caída do
conxunto de matriculacións, que caeron nun
17,7% nos últimos doce meses.
"É evidente que os clientes cun poder
adquisitivo máis alto senten menos a crise. De
feito, son os que mellor aproveitan as ofertas
comerciais que lanzan os concesionarios, moi
atractivas nun momento de debilidade do mercado
como o actual. Tamén teñen máis marxe de
manobra para negociar. En todo caso, falamos
dun volume relativamente pequeno das
matriculacións, xa que este segmento apenas
supón un 0,3% do total das vendas", aseguran
fontes da patronal de fabricantes (Anfac), que
matizan que tende a considerarse como vehículo
de luxo aquel cuxo custo arranca nos 65.000 ou
70.000 euros.
As vendas de turismos diesel de alta gama
explican na súa totalidade estes resultados, xa
que experimentan un incremento superior ao
125%. As matriculacións pasaron de
Hai marcas e modelos que exemplifican
perfectamente esa evolución. Por exemplo,
Bentley apenas sentiu a crise nas súas
carrocerías e vendeu en España un 8,7% máis
para alcanzar as 25 unidades matriculadas.
Infiniti, marca premium de Nissan, tamén sobe
un 8,3%, ata os 404 coches. Lexus, gama alta de
Toyota, dispárase ata as 2.587 unidades
vendidas, un 53,3% máis. A Serie 6 de BMW
-cuxas versión máis básica ten un prezo de
84.300 euros- proporcionou á casa alemá máis de
100 coches despachados, o 96,2% máis. Puxéronse
en estrada 304 porsches Panamera, o que
certifica unha alza do 18,3% respecto ao ano
anterior.
Compras de particulares, non de empresas
Trátase de vendas impulsadas polas empresas?
"Non, as empresas non van ao segmento de luxo
-explica Juan Antonio Sánchez Torres,
presidente da patronal de vendedores (Ganvam)-.
Trátase de particulares que levan dous ou tres
anos sen renovar o seu vehículo e teñen
capacidade para facelo. Ademais, encontráronse
cun momento idóneo. Nunca houbo máis descontos,
promocións ou garantías adicionais que nos
últimos meses". Fontes do sector engaden que as
empresas, máis que apostar pola exclusividade,
están a apostar por rebaixar a categoría da súa
frota por unha cuestión de imaxe. "Nin sequera
se está a retribuír xa como incentivo grandes
directivos", engaden.
En todo caso, Sánchez Torres recorda que os
vehículos de luxo acaparan unha porcentaxe
pequena do mercado e advirte sobre o impacto
que pode ter a suba de impostos aprobada o
venres pasado polo Executivo. "Os datos globais
son demoledores. Perdeuse o 50% das
matriculacións respecto a 2007. Ademais, non
hai financiamento. Se non se toman decisións,
asistiremos o ano próximo ao afundimento do
sector. Por se fose pouco, as medidas que tomou
o novo Goberno van encamiñadas a limitar o
consumo. Eu non digo que non sexan necesarias,
pero unha suba do IRPF limitará a compra de
coches o ano próximo", lamenta con inquietude.
Que necesitan os afectados? "Basicamente, a
supresión do Imposto de Matriculacións e un
plan en liña co Plan Vive. Se non, o ano que
vén teremos un parque co 50% de vehículos" "por
enriba de 10 anos de antigüidade", remacha o
presidente de Ganvam. As matriculacións en 2010
apenas alcanzaron os 808.000 vehículos, o que
estanca o volume de vendas en cifras do ano
1993. O peor é que a previsión para o ano
que vén é de novas caídas, co lastre dun
primeiro semestre que fabricantes e vendedores
temen. Anfac asegura que o descenso de 2011
reduciu en 450 millóns a recadación fiscal para
o Estado e estima en 320 millóns os ingresos
adicionais que poderían obterse por cada
100.000 coches de demanda extra.
Quen somos | Contacto | Axuda
cutudc.com, 2009. Publicado baixo licencia Creative Commons DHTML Menu By Milonic JavaScript