09/01/2012
CUTUDC / Novidades
ACTUALIDADE
O ano pecha con 2.796 novos parados na comarca coruñesa e con 1.038 máis na de Ferrolterra
Moi lonxe de cumprirse os compromisos do sr. Feijoo que dicía na campaña electoral que acabaría co paro en 45 días, a realidade é que o paro non deixou de medrar en Galicia desde o inicio do seu mandato, superando de xeito reiterado, na totalidade dos meses, a media estatal, atopámonos, así, con que a nosa nación, no mes de nadal, foi a segunda na que máis medrou esta lacra.
Coruña
Unha de cada tres parados da provincia da
Coruña que estaba apuntado en decembro nas
oficinas dos servizos públicos de emprego
(antigo INEM) pertence á bisbarra da Coruña. A
finais de ano había 101.651 parados na
provincia coruñesa dos que 34.106 pertencían
aos concellos de Abegondo, Arteixo, Bergondo,
Cambre, Carral, A Coruña, Culleredo, Oleiros e
Sada. O desemprego incrementouse nestes nove
concellos nun 7,5% con respecto ao mes de
decembro de 2010, ao pasar de 31.722 aos 34.106
parados.
Por enriba da media do 7,5% situáronse os
concellos de Arteixo, Bergondo, Cambre, Carral,
Culleredo e Oleiros, mentres que por debaixo só
quedaron A Coruña, Abegondo e Sada. Bergondo
liderou o crecemento do número de parados en
decembro con respecto ao mesmo mes de 2010 nun
14,9% ao pasar de
O segundo concello onde máis creceu o paro no
último ano foi en Cambre onde se incrementou
nun 11,6% ao pasar de
Por debaixo da media da bisbarra coruñesa
situáronse os concellos de Sada, onde o
desemprego creceu un 6,3%, de
Por sectores, seis de cada dez parados
coruñeses proceden do sector servizos (22.841),
fronte aos 5.555 que expulsou a construción e
os 4.887 que proveñen da industria. O sector
primario é o que está a resistir con máis
consistencia a crise, xa que só contribuíu con
538 parados á estatística, apenas un 1,5 % do
total.
Ferrolterra,
Eume e Ortegal pecharon o pasado ano con 18.521
parados, 1.038 máis que en decembro do 2011.
Confírmase a tendencia iniciada desde o comezo
da crise, que supuxo un incremento interanual
de máis de mil demandantes e achega xa a zona
aos 19.000 desocupados. Así, só nos últimos
doce meses, o paro creceu nas tres comarcas
case un 6%. Na desagregación por territorios, a
variación interanual foi do 13,76% no Ortegal,
un 6,09% en Ferrolterra, e un 1,77% no Eume.
De acordo cos datos divulgados onte pola
Consellería de Traballo, en decembro do 2011
anotáronse nas oficinas do antigo Inem 158
persoas máis á procura dun traballo que as que
había rexistradas en novembro. O comportamento
do mercado de traballo foi peor en Ferrolterra,
Eume e Ortegal que no conxunto do país, xa que
na comarca o paro subiu no último mes unha 0,8%
fronte ao 0,4% da media estatal.
Por sectores
Na análise por sectores, as cifras do
gabinete de Beatriz Mato indican que o
desemprego só baixou nos servizos e entre os
que aínda non se estrearon no mercado laboral.
Así, os servizos suman 9.960 demandantes dun
posto de traballo, 136 menos que o mes
anterior, o que supuxo un descenso do 1,3%.
Esta conxuntura explícase polo desenvolvemento
da campaña do Nadal, onde se produce
habitualmente unha subida da contratación,
principalmente no comercio. O colectivo de sen
emprego anterior suma 2.502 parados, 22 menos
que en novembro, cunha baixada do 0,8%.
Porcentualmente, o maior incremento do
desemprego correspondeulle en decembro á
industria, cun total de 2.675 demandantes, 146
máis e unha subida do 5,7%. A construción tamén
continúa acusando a crise do ladrillo e a
paralización da edificación e a obra pública,
superando xa os 3.000 parados (en concreto
3.035), e 165 desocupados máis, o que implica
un incremento do 5,6%.
O paro tamén creceu na agricultura e a pesca,
con 349 demandantes, oito máis que en novembro
e cun incremento do 2,3%. No entanto, segue
sendo o sector con menos impacto do desemprego.
Os municipios, en detalle
Por municipios, só os de Ferrol, Cedeira,
Cabanas, Pontedeume e Cariño rexistraron un
descenso do desemprego, e foi Ares, con 69
novos parados, o concello cun maior aumento.
Por sexos, as mulleres continúan padecendo con
máis intensidade a secuela do desemprego. Así,
ao peche do ano había rexistradas 9.764
demandantes femininas, un 52,72% do total,
fronte a 8.757 homes.
Quen somos | Contacto | Axuda
cutudc.com, 2009. Publicado baixo licencia Creative Commons DHTML Menu By Milonic JavaScript