09/01/2012
CUTUDC / Novidades
ACTUALIDADE
O 40 % dos parados/as galegos/as non reciben prestación
Máis dun millón e medio de parados/as, é dicir, o 34 % de todos os que estaban rexistrados o mes pasado nas oficinas públicas do Estado e das comunidades autónomas, non reciben ningún tipo de axuda pública por desemprego. Nin a prestación contributiva, da que se benefician 1,35 millóns de persoas; nin o subsidio de 426 euros para quen xa esgotaron o prazo dese seguro, que reciben outros 1,17 millóns de desempregados; nin a renda activa de inserción (RAI), que apoia a outras 214.000 persoas, nin a pensión para eventuais agrarios, que acolle a 150.000 beneficiarios.
Peor en Galicia
En Galicia a situación derivada do paro é
tráxica, por dúas razóns básicas. En primeiro
lugar, porque, segundo os datos do SEPE, as
prestacións do sistema de protección por
desemprego deixan fóra a máis do 40 % dos
parados rexistrados na comunidade. Dos 258.234
que había en decembro, só 80.332 (é dicir o
31,1 %) cobran un subsidio de carácter
contributivo. Outros 61.021 (o 23,6 %), a axuda
de 426 euros, e 11.061 (o 4,2 %), a RAI. Un
total de 105.820 parados, xa que logo, non
reciben ningún apoio pola súa exclusión do
mercado laboral.
En segundo lugar, porque, segundo o boletín
mensual do SEPE, en Galicia cóbranse os
subsidios máis baixos do estado. A prestación
contributiva, que reciben os parados que
traballaron e cotizado á Seguridade Social
durante polo menos 360 días en períodos
continuos ou descontinuos, ascendeu en Galicia
o pasado mes de novembro (o último do que o
SEPE dispón de datos desagregados por
comunidades autónomas) a 823,5 euros, só por
encima de Canarias (784,4 euros) e Melilla
(811,16), son 37 euros por baixo da media, e
máis de 125 euros menos que os case 950 que
cobran os parados en Navarra e no País Vasco.
Enquisa de poboación activa
Finalmente, se se toman en conta os datos da
última enquisa de poboación activa (EPA), a
situación de Galicia tamén resulta dramática.
Na comunidade hai hoxe 1.025.000 fogares, e en
65.000 deles, aínda que hai unha ou máis
persoas en idade de traballar, todas elas están
no paro.
Se a esas familias se suman as outras 286.000
nos que non hai membros en idade ou en
condicións de traballar, o resultado son
351.000 unidades familiares nas que ninguén ten
un emprego. É dicir, o 34 % do total. Unha de
cada tres.
Quen somos | Contacto | Axuda
cutudc.com, 2009. Publicado baixo licencia Creative Commons DHTML Menu By Milonic JavaScript