Número 117 - 09 de xaneiro de 2012
 
 
UNIVERSIDADE

    Aínda que o programa do candidato que gañou as eleccións facía referencia á continuidade como eixo de actuación, a realidade coa que se vai atopar, no tocante ao PAS, vai a obrigarlle a tomar as iniciativas que os saíntes deixaron sen executar.

A NOVA REFORMA LABORAL

    O novo presidente do goberno Mariano Rajoy ordenou aos sindicatos maioritarios chegar a un acordo coa patronal antes do día 7 de xaneiro. Os sindicatos na primeira desas reunións parece que a pregunta que fixeron foi só onde asinaban e si lles ían regalar o bolígrafo.

CRISE - ADMINISTRACIÓN PÚBLICA

    A comunidade Valenciana, un dos paradigmas do despilfarro e dos casos de corrupción política chegou ao límite na súa situación económica, para saír da situación, de xeito momentáneo, a Generalitat toma e radicaliza as medidas xa executadas noutras autonomías é dicir, rebaixa nas condicións económicas e laborais dos empregados públicos e precarización das prestacións á cidadanía.

CRISE - O CUSTE DOS RECORTES

    No PASquín anterior (nº 116) anunciabamos as medidas acordadas no primeiro Consello de Ministros de Rajoy. Agora comezamos a coñecer o custo que suporá esa medida.

SEN VERGOÑA


    Os edís de Tres Cantos (Madrid) decidiron, como primeiro acordo da lexislatura 2011-2015, subirse o soldo. O aumento medio oscila entre o 16% e o 31%. O do alcalde é maior. O 15M de Tres Cantos preguntoulles, durante o pleno municipal, se lles parecía exemplar esta subida na situación actual de crise e recortes

MOVEMENTOS SOCIAIS

    En Grecia alcanzaron unha gran forza, ao punto de traer en xaque ás autoridades

CRISE - OS QUE SE FORRAN

    O mantemento das de crédito tamén se encareceu respecto a 2010, un 10%

XUNTA - A REMODELACIÓN

    A elección de Rocío Mosquera como nova conselleira de Sanidade está marcada polos seus polémicos antecedentes de presunto enchufismo a prol do seu marido e da súa filla durante a súa etapa como xerente SERGAS.

ECONOMÍA

    Amancio Ortega, dono da multinacional têxtil Inditex, foi o empresário que mais aumentou o seu património em 2011, em plena crise sistémica.

OS RECORTES QUE VIRÁN

    A suba de impostos indirectos, un novo recorte salarial e o despedimento masivo de traballadores públicos, así como unha redución do subsidio de desemprego, entre as principais medidas que o goberno do PP impoñerá en marzo.

ECOLOXÍA

    Cemiterios nucleares, prolongación da vida de nucleares obsoletas... o goberno do PP ao servizo dos intereses das grandes empresas eléctricas contra o interese xeral.

OPINIÓN - ISAAC ROSA

    Os sindicatos, movementos sociais e cidadáns en xeral deberiamos estar preparados para responder ás sucesivas tesoiradas que o goberno irá soltando. E para iso o ideal sería contar cun calendario de mobilizacións a longo prazo, de modo que xa saibamos que día toca saír coa pancarta.

    
  •   
 
 GALICIA, O PARO DISPÁRASE
    Moi lonxe de cumprirse os compromisos do sr. Feijoo que dicía na campaña electoral que acabaría co paro en 45 días, a realidade é que o paro non deixou de medrar en Galicia desde o inicio do seu mandato, superando de xeito reiterado, na totalidade dos meses, a media estatal, atopámonos, así, con que a nosa nación, no mes de nadal, foi a segunda na que máis medrou esta lacra.
 PARO
    En Galicia a situación derivada do paro é tráxica, por dúas razóns básicas. En primeiro lugar, porque, segundo os datos do SEPE, as prestacións do sistema de protección por desemprego deixan fóra a máis do 40 % dos parados rexistrados. En segundo lugar, porque, segundo o boletín mensual do SEPE, en Galicia cóbranse os subsidios máis baixos do estado
 RESCATE - ISTO SI QUE É FORRARSE

    Os directivos que xestionan os sete grupos de caixas rescatadas con diñeiro público gañaron preto de 80 millóns de euros polo seu traballo durante o exercicio de 2011. A falta de que se coñezan as contas dos seus resultados anuais, o retrato salarial asumido polas cúpulas de Bankia, NovaGalicia, CatalunyaCaixa, Unnim, Banca Cívica, BMN e Caja España-Duero obedece á esixencia do Banco de España para todos aqueles que recibiron parte dos 17.000 millóns de euros facilitados polo Fondo de Reestruturación Bancaria (FROB) para capitalizar os seus balances.

 OPINIÓN - Ángeles García Portela

    Se alguén posúe unha póliza de fogar subscrita cunha empresas de seguros e dá quebra, contrataría para rehabilitar a súa casa como director de obra ao expresidente da devandita compañía de seguros?. Pois isto é o que está a acontecer en Europa cos ex Lehman Brothers. Non só arruinaron aos accionistas, senón que agora dispóñense a estrangular a economía de pobos enteiros

 MONARQUÍA
    (Unha reportaxe do coronel Amadeo Martínez Inglés).- Tras o escándalo Urdangarín, a Casa Real española, para tratar de minimizar as desastrosas consecuencias que deste se poden derivar para a propia supervivencia da institución, decidiu, tras trinta e cinco anos de total escurantismo, publicar as súas contas cortesás.
 CRISE - GRECIA

    A alianza formada polo Fondo Monetario Internacional (FMI), a Comisión Europea e o Banco Central Europeo solicitou ao Goberno grego que reduza o salario mínimo mensual como condición para seguir prestando axuda financeira a Grecia. A idea é que este se encontre por debaixo dos 600 euros que é o mínimo na actualidade. Esta petición foi rexeitada, de plano, polos sindicatos.

CRISE, SAIDA NEOLIBERAL
    A cuestión é acabar co déficit público sexa polo camiño que sexa. Subas de impostos, eliminación de dereitos sociais, redución do gasto público, reformas laborais insoportables para os traballadores... Todo vale. E se se usan todas as medidas á vez moito mellor.
 CRISE, A SAIDA

    Mentres se derruba a venda de coches de gama pequena e media, o segmento de luxo bate marcas. A crise, que a paguen os traballadores.

    LINGUA - DENUNCIA DA COORDINADORA DE TRABALLADORES DE NORMALIZACIÓN
    Peche de servizos de normalización lingüística noutros doce concellos galegos
    CARTAS QUE RECIBIMOS
    Seguimos a contar coas vosas colaboracións. Agradecemos o interés das vosas aportacións

     

    

Actuacións da Xunta de Persoal

  •   
    

Vindeiras actuacións do Comité

     

  •   
    

Achéganos a túa opinión

Escríbenos ao enderezo electrónico:
cutudc@cutudc.com

  •   
    
  •   
Números anteriores
 
De interese
O sindicalismo de clase depende de tí
CALENDARIO LABORAL 2010
CALENDARIO LABORAL 2011
CALENDARIO LABORAL 2012
A LOITA DE AMINETU HAIDAR REPRESENTA A TODO UN POBO. SOLIDARIEDADE CO POBO SAHARAUÍ
 
Sácalles a lingua  
 
CONTRA O PACTO SOCIAL
O XORNAL - información obreira
O IMPERIALISMO NON PASARA!!
NON AS NUCLEARES
8 DE MAIO, CONTRA O SAQUEO DA NOSA TERRA

cutudc.com, 2009. DHTML Menu By Milonic JavaScript