Xaneiro de 2012
 
 

09/01/2012

   CUTUDC / Novidades

  ACTUALIDADE
 

Mañá festa, hoxe tesoira

Os sindicatos, movementos sociais e cidadáns en xeral deberiamos estar preparados para responder ás sucesivas tesoiradas que o goberno irá soltando. E para iso o ideal sería contar cun calendario de mobilizacións a longo prazo, de modo que xa saibamos que día toca saír coa pancarta.

 

  • Eu teño a solución, a clave para que as medidas non nos pillen desprevidos: teño no meu poder un calendario onde están marcados os días en que o Consello de Ministros nos dará sustos este ano. Para conseguilo, non tiven que fisgar ningunha axenda oculta, senón facer unha operación ben sinxela: coller o calendario laboral, onde están marcados os festivos, e sinalar o día previo de cada un dos festivos.
     
    O maior recorte presupostario da democracia aprobouse a véspera de Nochevieja, de modo que o seu impacto se viu amortecido pola distracción festiva e posterior resaca, co extra dun día sen prensa nos quioscos. O segundo recorte chegará mañá xoves, poucas horas antes da noite de Reyes. E recorden a reforma da Constitución, que se acordou en agosto, de modo que algúns non se decataron de que ía ata que volveron á rutina en setembro. De seguir así, o previsible é que o gran machadazo esperado para primavera, tras as eleccións andaluzas, se produza o 4 de abril, mércores antes do xoves santo con que comezan as mini vacacións de Semana Santa.
     
    Xa o saben: sinalen en vermello todas as vésperas festivas, e saian ese día á rúa sen esperar a que os convoquen. Como din? Que ese día non poden porque se van ao pobo? Pois claro, diso trátase: que os canonazos leven silenciador, que cando nos suban os impostos, recorten dereitos ou reformen esteamos máis preocupados por comprar a tempo as uvas, deixar o cubo de auga para o camelo ou coller estrada antes de que se forme o atoamento da operación saída. Visto o éxito da modificación agosteña da Constitución, ou os poucos reflexos que tivemos tras o pau do venres pasado, quen si ten un calendario marcado é o goberno.

     

     

     

     

     

     

     

     

     

CUT da UDC . SEMPRE DO LADO DAS TRABALLADORAS E TRABALLADORES

cutudc.com, 2009. Publicado baixo licencia Creative Commons DHTML Menu By Milonic JavaScript