Xaneiro de 2012
 
 

09/01/2012

   CUTUDC / Novidades

  ACTUALIDADE
 

Acusacións de enchufismo contra a nova conselleira de Sanidade

A elección de Rocío Mosquera como nova conselleira de Sanidade está marcada polos seus polémicos antecedentes de presunto enchufismo a prol do seu marido e da súa filla durante a súa etapa como xerente SERGAS.

 

  • O propio presidente, Alberto Nuñez Feijóo, tivo que explicar no Parlamento porque o SERGAS adxudicou á consultora e Price Waterhouse Coopers Corporate Finance a selección de ofertas para o novo hospital de Vigo. O PSOE lembroulle que a filla de Mosquera traballla nesta consultora e o presidente asegurou que dende antes don nomeamento da súa nai a filla xa non se adica a temas sanitarios.
     
    "Escándalo" polo elección do marido de Mosquera no CHUS
     
    Non é a única acusación de nepotismo que acumula Mosquera. A finais de 2010 PSOE e BNG desvelaron a "oposición conxunta" de dous ciruxanos do CHUS de Santiago polo nomeamento do marido de Mosquera como xefe de ciruxía do aparato dixestivo do hospital público da capital galega.
     
    A praza levaba tres anos vacante cando Mosquera, que levaba un ano como xerente, sacouna a concurso. Presentáronse tres candidatos: Miguel Caínzos, catedrático de ciruxía da USC e xefe de sección no CHUG; Evaristo Varo, profesor da USC e xefe de servizo no CHUS e Manuel Bustamente, ciruxano de Transplante Abdominal e profesor asociado na USC.
     
    A pesar de ter o peor currículum, o concurso gañouno o marido da xerente do SERGAS. Dáse a circunstancia que un dos candidatos rexeitados, Evaristo Varo, foi profesor de Bustamante. No tribunal participaba o xefe operativo do CHUS, fichado de Madrid pola esposa de Mosquera.
     
    Varo denunciou a "pantomima" nos medios e mesmo amagou con deixar o CHUS. Finalmente non o fixo, pero posteriormente volveu aos xornais para denunciar o "asedio" do SERGAS polas súas queixas ante os recortes na sanidade.
     
    O outro candidato, o catedrático Miguel Caínzos, tamén reclamou as actas do tribunal e cualificou o nomeamento de "sorpresa".
     
    Tanto PSOE como BNG alertaron da "escandalosa" elección. Nuñez Feijóo lavouse as mans, como é habitual nel cos casos de presunta corrupción dos subordinados. O presidente dixo respectar a autonomía do tribunal, dirixido por un técnico fichado pola xerente do Sergas e esposa do candidato seleccionado a pesar de ter menos méritos.
     
    Povisa
     
    Outra das patacas quentes nas mans de Mosquera son as relacións con Povisa, o hospital privado máis grande de España e ao que o SERGAS desvía gran parte dos doentes de Vigo. A propia Mosquera foi directiva de Povisa, controlado pola sociedade Nosa Terra, entre 2002 e 2009.
     
    O deputado do PSOE Méndez Romeu lembrou esta mañá en rolda de prensa estes antecedentes de Mosquera.
     
    Galicia Confidencial

     

     

     

     

     

     

     

     

     

CUT da UDC . SEMPRE DO LADO DAS TRABALLADORAS E TRABALLADORES

cutudc.com, 2009. Publicado baixo licencia Creative Commons DHTML Menu By Milonic JavaScript