Xaneiro de 2012
 
 

09/01/2012

   CUTUDC / Novidades

  ACTUALIDADE
 

O que nos custa realmente ao ano a monarquía española

(Unha reportaxe do coronel Amadeo Martínez Inglés).- Tras o escándalo Urdangarín, a Casa Real española, para tratar de minimizar as desastrosas consecuencias que deste se poden derivar para a propia supervivencia da institución, decidiu, tras trinta e cinco anos de total escurantismo, publicar as súas contas cortesás.

 

  • Pero fíxoo nunha mínima parte, referidas exclusivamente á partida (8,42 millóns de euros) que para o mantemento desta contemplan os Presupostos Xerais do Estado e que apenas representa o 1,5% do total de gastos anuais que a actual monarquía juancarlista carga no debe de todos os cidadáns deste país.
     
    Como ao socaire do escándalo que acabo de sinalar os cidadáns españois veñen preguntándose a diario, a través dos medios de comunicación, a canto ascende en realidade a suma que o Estado español dedica tanto ao rei Juan Carlos I coma á súa extensa e distinta familia así como a dedicada a manter todo o aparato rexio de pazos, terreos, viaxes, regalos... etc, etc, sen que ata o día de hoxe os organismos oficiais concernidos se dignasen ofrecer eses gastos, só dun xeito moi parcial, vinme na obriga moral, como historiador e investigador militar, de acometer eu mesmo a ardua e complexa tarefa de cuantificalos con todo detalle para coñecemento do pobo español. Tarefa que realicei, non sen amplas dificultades, sobre a base de informacións procedentes dos ministerios e organismos implicados así como de particulares coñecedores destes. E por suposto, botando man dos datos e coñecementos que posúo despois de moitos anos prestando servizo na cúpula castrense española.
     
    As cifras que a continuación saco a relucir se basean, sempre que é posible, en datos oficiais contemplados nos PXE e cando estes non existen ou os departamentos ministeriais afectados (Defensa, Interior, Presidencia, Facenda) deron a calada por resposta (pode ser mesmo que eles non o saiban), en estudos e previsións apoiados en cifras estatísticas de moi amplo rigor profesional.
     
    Se o Goberno do señor Rajoy (supoñendo que el saiba algo de todo isto) encontrase algunha inexactitude no cadro/resumo dos gastos reais que expoño a continuación, invítolle a que fale (se pode) e se non que cale. Non para sempre, dende logo, senón ata que decida meter a tesoira neles de forma exhaustiva, xa que pode aforrar neste capítulo varios centenares de millóns de euros suprimindo os avións VIP do Exército do Aire (a raíña de Inglaterra usa voos chárter para os seus desprazamentos oficiais), os terreos de recreo ao servizo da nosa maxestade borbónica (que o rei se deixe de pazos que pagamos todos os españois e se financie as vacacións co seu avultado peculio como nos toca facer calquera mortal), o custoso Rexemento da Garda Real (unha unidade protocolaria sen ningún valor operativo, capricho do actual monarca), o mantemento de iates, coches de luxo... e demais bicocas dun xefe do Estado que non deixa de ser unha figura decorativa, moi cara, iso si, ao fío dos números que a continuación vou expoñer.
     
    Coa supresión de todo o aparato cortesán que rodea na actualidade a chamada familia real española, poderá con toda seguridade o señor Rajoy reducir o abracadabrante déficit actual do Estado español moito mellor que quitándoo unhas faragullas do seu soldo a funcionarios, pensionistas e xubilados.
     
     
    Gastos da Casa Real española
     
    1.- Asignación directa nos PGE............................................ 8.434.280
     
    2.- Ministerio da Presidencia
    2a.- Apoio á xestión administrativa da Xefatura do Estado
    Gastos de persoal   
    (135 funcionarios e eventuais) ...............................................6.203.070
    2b.- Servizos á Coroa e actos do Estado
    Recepcións, audiencias, ceas de gala, visitas.
    Oficial para 2011: 10.015.400 millóns.
    Media 5 últimos anos ........................................................... 15.500.000
    2c.- Sostemento do Patrimonio Nacional
    Mantemento e conservación de Palacios e
    Xardíns afectados ao uso da familia real ............................34.217.000
    2d.- Mantemento doutros bens en usufruto por
    a familia real: iates, coches, terreos de recreo...
    Non oficial. Estimado 5 últimos años..........................,,,...... 41.000.000
     
    3.- Ministerio de Defensa
    3a.- Rexemento da Garda Real
    Persoal, Loxística, Acuartelamentos, Armamento...
    Media 5 últimos anos ...............................................................80.000.000
    3b.- Cuarto Militar
    Media 5 últimos anos ...............................................................45.000.000
    3c.- 45 Grupo de Forzas Aéreas (Transportes VIP,s)
    Media de horas de voo 5 últimos anos: 3.500
    Porcentaxe Casa real: 70%
    Adquisición de material de voo, mantemento, persoal,
    acuartelamentos, loxística, viaxes...
    Media 10 últimos anos ...........................................................110.800.000
    3d.- Gastos de seguridade e despregamento eventos intervén
    Xefe do Estado: desfiles, manobras específicas,  
    visitas, voda real...
    Media 8 últimos anos (só a voda real de 2004
    custou ao Exército 20 millóns de euros) .............................56.000.000
     
    4ª.- Ministerio do Interior
    4a.- Seguridade Casa Real e ámbito
    Seguridade a cargo da Garda Civil
    Seguridade activa e pasiva (contravixilancia) en
    Pazos, persoas, eventos...
    Media 8 últimos anos (só a voda real custoulle á
    Benemérita 18 millóns de euros) .........................................42.500.000
    Seguridade a cargo da Policía Nacional
    Seguridade activa, pasiva, contravixilancias,
    Peche de espazos sensibles, eventos...
    Media 8 últimos anos (só a voda real de 2004 lle
    supuxo á DGP, con 15.000 efectivos despregados,
    22 millóns euros) ....................................................................46.000.000
     
    5.- Ministerio de Facenda
    5a.- Parque Móbil do Estado
    Mantemento, carburante, revisións, persoal,
    loxística... dun parque estimado en 300 vehículos
    adscritos á Casa Real............................................................... 28.000.000
     
    6.- Ministerio de Exteriores
    6a.- Viaxes oficiais presupostadas
    Media real últimos 8 anos (20 viaxes) ....................................... 10.000.000
     
    6.- Outros ministerios         
    Gastos de persoal de 372 traballadores da
    Casa Real ...............................…………………………..…….. 22.500.000
     
    7.- Gastos reservados do Estado
    A Casa Real española cargou fondos
    reservados de Presidencia, Defensa, Interior
    e CESID, ao longo dos últimos vinte anos,
    pagamentos (viaxes non oficiais, regalos, encontros
    particulares do monarca...etc) nunha contía
    media total estimada de ........................................,,,,,,................15.500.000
     
    Total gastos anuais Casa Real ................................561.654.350 euros
     
    De monarquía baratiña, nada de nada!

     

     

     

     

     

     

     

     

     

CUT da UDC . SEMPRE DO LADO DAS TRABALLADORAS E TRABALLADORES

cutudc.com, 2009. Publicado baixo licencia Creative Commons DHTML Menu By Milonic JavaScript