Xaneiro de 2012
 
 

09/01/2012

   CUTUDC / Novidades

  ACTUALIDADE
 

As comisións da banca polas tarxetas de débito subiron un 17% en 2011

O mantemento das de crédito tamén se encareceu respecto a 2010, un 10%

 

  • As entidades financeiras españolas subiron o ano pasado un 17,05% as comisións que cobraron de media aos seus clientes por ter unha tarxeta de débito, en tanto que as de crédito sufriron unha suba do 9,65%. Segundo os últimos datos do Banco de España sobre os prezos dos servizos de pagamento, os bancos cobraron aos seus clientes 20,25 euros por unha tarxeta de débito, case tres euros máis dos 17,30 euros que cobraban ao finalizar 2010. Mentres, a comisión imposta ás tarxetas de crédito ascendeu o pasado exercicio a 37,71 euros, 3,32 euros máis que un ano antes.
     
    Non obstante, non todos os clientes dos bancos pagan o mesmo á súa entidade financeira, xa que no caso das tarxetas de crédito a comisión máxima foi de 60 euros, fronte aos 47 dun ano antes, en tanto que a comisión mínima permaneceu invariable en 13,52 euros. Nas tarxetas de débito a comisión máxima foi en 2011 de 30 euros, cinco máis que en 2010, e a mínima non variou (4,51 euros).

     

     

     

     

     

     

     

     

     

CUT da UDC . SEMPRE DO LADO DAS TRABALLADORAS E TRABALLADORES

cutudc.com, 2009. Publicado baixo licencia Creative Commons DHTML Menu By Milonic JavaScript