02/01/2012
CUTUDC / Novidades
ACTUALIDADE
Avaliación da suspensión do “Simulacro de Emerxencia” na Planta de gas de Reganosa e Forestal
A Xunta de Galicia decidiu aprazar o simulacro de emerxencia ante un posible accidente na Planta de gas de Reganosa e na empresa Forestal do Atlántico, diante da alerta laranxa costeira decretada pola Axencia Estatal de Meteoroloxía, argumentando que podería darse “ a posibilidade de que os efectivos do operativo, protección civil, bombeiros e policías, foran requiridos para atender á poboación ante posibles incidencias que se puideran producir como consecuencia do temporal”.
Con esta decisión a Xunta de Galicia
deixa ao descuberto o Plan de Emerxencia, pois
demostra que se carece do operativo capaz de
actuar nesta situación. ¿Acaso no son estas
circunstancias nas que se require do plan de
emerxencia e da cobertura necesaria para
actuar? ¿Ou é que un accidente tanto na Planta
como en Forestal, só puidera producirse en dias
de sol, sen vento e en circunstancias
meteorolóxicas normais?.
A historia de accidentes na zona, (Prestige,
Mar Exeo, etc.) indícannos que sempre ocorreron
en condicións climatolóxicas extremas. Se de
verdade preténdese comprobar a posibilidade
real e a efectividade da coordinación dos
medios que deben atender a todos posibles
incidentes que poidan ocorrer nun momento dado,
hai que realizalos nestas condicións.
A planta de gas de Reganosa que almacena
150.000 Tons de GNL, situada a carón do
complexo petroquímico de Forestal con mais de
Non se entende como é que unha empresa como
Navantia, para atender a posibles incendios
menores nos barcos en construción e/ou
reparación, dispoña dunha dotación de bombeiros
e de medios materiais, mentres que Reganosa,
teña que esperar a que os bombeiros do concello
de Ferrol, Navantia ou a Armada se despracen
até Mugardos para atender os posibles incendios
derivados de fugas de gas.
De sobras é coñecido que a efectividade da
loita contra un incendio, depende do tempo que
transcorre desde o inicio até a intervención
efectiva. Nun tempo de desprazamento de mais de
20 minutos (Ferrol - Mugardos) un incendio pode
alcanzar dimensións totalmente incontrolables.
Hai escasos dias en nota informativa, a Xunta
de Galicia pretendía transmitir a veciñanza
“tranquilidade “ ante o primeiro simulacro, a
súa suspensión amosa que nada se fixo durante
catro anos, a poboación se atopa inerme diante
da ameaza da planta de gas. En realidade nada
novo, o negocio dos promotores de Reganosa é,
tanto para esta como para unha administración
insensata e temeraria como a Xunta de Galicia,
máis importante que a seguridade das persoas.
O Plan de Emerxencia Exterior de Reganosa é un
documento virtual co que Reganosa e a Xunta de
Galicia pretenden facer crer á poboación que
non ten nada que temer. Un plan á medida para
que a instalación aparentemente encaixe no
espazo dispoñible en Punta Promontoiro, pero
totalmente inútil e inservíbel para a poboación
en caso de explosión ou fuga de gas.
No caso de accidente non hai
Plan de Emerxencia que evite unha Traxedia.
Por iso o CCE esixe de novo o peche da
actividade da planta de Reganosa e a apertura
do subministro de gas a Galicia por gasoduto,
tal como viña sucedendo ata o 2007, pois teñen
a capacidade suficiente para subministrar gas,
tanto aos ciclos combinados como para consumo
industrial e doméstico.
Ferrol a 23 de Decembro de 2011
CCE
Quen somos | Contacto | Axuda
cutudc.com, 2009. Publicado baixo licencia Creative Commons DHTML Menu By Milonic JavaScript