02/01/2012
CUTUDC / Novidades
ACTUALIDADE
Recortes aos empregados públicos propostos polo Goberno rexional de Madrid
O luns, 19 de decembro, a conselleira de Presidencia da Comunidade de Madrid convocou unha reunión da Mesa Xeral de Negociación dos Empregados Públicos para comunicar a decisión do Goberno rexional de establecer a xornada laboral dos traballadores do conxunto do sector público en 37,5 horas semanais.
Esta medida imposta unha vez máis, sen
ningún tipo de negociación cos representantes
dos traballadores supoñerá que na
Administración pública madrileña se perderán
case 7.000 postos de traballo en 2012. Unha
decisión inxustificada nunha Comunidade
Autónoma cunha taxa de desemprego do 17%, o que
supón que en Madrid hai 573.100 persoas sen
traballo.
Tamén se elimina a mellora da Incapacidade
Temporal que, ademais de ser un recorte
salarial encuberto, obrigará por exemplo o
persoal sanitario a acudir ao seu posto de
traballo nunha situacións precarias de saúde,
co conseguinte risco, en moitos casos, para os
pacientes.Decisións que, sen dúbida, terán
consecuencias negativas na calidade dos
servizos públicos que reciben os cidadáns
madrileños. Máis xornada tradúcese en menos
persoal, máis cargas de traballo e peores
condicións laborais, o que levará consigo, sen
dúbida, unha deterioración na prestación do
servizo público.
Quen somos | Contacto | Axuda
cutudc.com, 2009. Publicado baixo licencia Creative Commons DHTML Menu By Milonic JavaScript