02/01/2012
CUTUDC / Novidades
ACTUALIDADE
Rajoy aplica a tesoira. A administración pública a máis prexudicada
O Consello de Ministros do día 30 tomou as primeiras medidas do goberno Rajoy, non houbo sorpresas. Os de sempre, os máis débiles, seguiremos pagando a crise do sistema.
Son, ademais, as primeiras porque detrás
virán máis e máis radicais (se Rajoy anunciara
que había que aforrar 16.000 millóns de €,
agora, despois de revisar as contas, anúnciase
que o aforro ascenderá a 36.000 millóns de €),
tal e como se anunciou na rolda de prensa
posterior, as medias máis prexudiciais
anunciaranse coa aprobación dos Orzamentos
(marzo de 2012).
Na rolda de prensa do venres 31 anunciáronse as
primeiras decisións encamiñadas a aforrar 8.900
millóns e a incrementar ingresos até 6.200
millóns por mor dalgúns cambios fiscais.
Por un lado (o que se quere
presentar como positivo) anúnciase a prórroga
da “esmola” de 400€ aos parados sen ningún
ingreso e a revalorización das pensións nun 1%,
esta ridícula subida nas pensións non fai que
recuperen o poder adquisitivo perdido desde a
conxelación, condenando á precariedade a
millóns de xubilados/as.
Por outro lado:
Conxela oficialmente o SMI (salario mínimo
interprofesional). Un favor aos empresarios
máis usureiros que pagan cun salario ridículo (un
dos menores de Europa, só superamos a Portugal
e Polonia), máis próximo ao escravismo e
moi lonxe da remuneración que se tería que
percibir para poder desenvolver unha vida
digna.
Esta conxelación ten como base conseguir a
moderación salarial, aínda que os seus efectos
son maiores a todos os niveis. É obvio que de
entrada se lle resta poder adquisitivo aos que
menos cobran, empeorando a súa renda dispoñible
polo mero feito inflacionario. Pero o axuste
non queda aí, dado que este salario mínimo
úsase tamén para a concesión de determinadas
axudas públicas (por exemplo, o acceso a unha
vivenda de protección oficial, o acceso a
bolsas ou subvencións…). Tamén na lei de
axuizamento civil marca os límites embargables
sobre salarios.etc,.
Nova conxelación dos salarios dos traballadores
da administración pública, é dicir,
profundízase na perda de poder adquisitivo dos
salarios deste persoal (a perda acumulada entre
2009-2012 roldará o 15%). Anúnciase o
incremento da súa xornada laboral até as 37,5
horas semanais.
As políticas de aforro afogarán aínda máis a
Administración Pública ao eliminar a taxa de
reposición (excepto nas forzas de seguridade do
estado, sanidade e educación, onde a limita ao
máximo do 10%, unha taxa de reposición ridícula
esixindo, ademais a previa xustificación), as
políticas de aforro redundarán negativamente na
atención dos servizos públicos.
Os recortes nos ministerios serán
xeneralizados. Así, o Ministerio Fomento
axustará os seus orzamentos en 1.612 millóns de
euros, o de Industria, Enerxía e Turismo en
1.091 millóns de euros, o de Economía e
Competitividade en 1.083 millóns de euros o de
Asuntos Exteriores e Cooperación en 1.016
millóns de euros.
O axuste en Educación, Cultura e Deporte
alcanzará os 485 millóns. Sanidade recortará
409 millóns de euros e Defensa 340 millóns de
euros.
Pola súa banda, Facenda e Administracións
Públicas recortará o seu orzamento en 442
millóns de euros. Emprego e Seguridade Social
en 439 millóns de euros e Agricultura e Medio
Ambiente en 409 millóns de euros.
Elimínase a Renda Básica de Emancipación (RBE)
(desde a publicación do RDL, as outorgadas con
anterioridade seguen vixentes) que facilitaba o
pago do aluguer aos mozos e mozas.
Apróbase a Lei Sinde
Amplíase en 80.000 millóns de euros dos avais
do
Estado á Banca, é dicir, conversión de débeda
privada en débeda pública. Empezaron en 2010
con 59.000 millóns, 115.500 millóns en 2011 e
xa imos, agora, nos 196.000 millóns.
Maquilla a política tributaria pero as medidas
anunciadas están moi lonxe das reclamadas para
que se lexisle unha política fiscal realmente
progresiva, que, entre outras cousas se
recupere o imposto de patrimonio e sucesións,
se grave o aforro do capital, se eliminen as
Sociedades de Investimento de Capital Variable
(SICAV)...
O propio ministro Montoro admitiu que se trata
dun recorte "realmente grande" e como "nunca se
fixo na historia da Facenda Pública".
De todos os xeitos esta é a primeira
entrega, a segunda, e máis profunda,
recibirémola coa aprobación do orzamento de
2012, se non respondemos axeitadamente e coa
forza que merecen estas medidas virán máis e
máis e máis…
Quen somos | Contacto | Axuda
cutudc.com, 2009. Publicado baixo licencia Creative Commons DHTML Menu By Milonic JavaScript