Xaneiro de 2012
 
 

02/01/2012

   CUTUDC / Novidades

  ACTUALIDADE
 

30 millóns para os que quebraron as caixas galegas

NCG Banco, nacido de Novacaixagalicia, pagou 29,8 millóns en indemnizacións aos seus directivos dende 2010.

 

  • Cómpre lembrar que o Estado tivo que nacionalizar NCG para salvala da situación de quebra creada pola xestión deses mesmos directivos. Logo NCG malvendeuse para permitir a entrada dos inversores privados de Novagaliciabanco. A maioría dos directivos das caixas marchou dos consellos de administración das entidades ante o fiasco, non sen antes cobrar estas enormes indemnizacións.
     
    O volume do cobrado figura na información que por lei o banco ten que remitir a Comisión Nacional do Mercado de Valores. A entidade calouse o nome dos que cobraron tales indemnizacións.
     
    Ademais, varios ex-directivos de Novacaixagalicia seguen a recibir enormes primas por acudir aos consellos de administración das empresas participatas. Só no período citado cobraron máis de 260.000 por este concepto.
     
    Desa cantidade 80.000 euros foron para os conselleiros de NCG, entre os que figuran varios políticos nomeados en representación da administración provincial e local.
     
    NCG Galicia é agora só o 7% de Novagaliciabanco. O certo é que nin se quea así a viabilidade do banco está garantida. O seu presidente, José María Castellano, prometera que antes de final de ano tería os inversores privados, boa parte foráneos, para recomprar a participación pública. Porén, fontes do sector financeiro consultadas por GC dubidan de que esto sexa posíbel e aseguran que en ningún caso se produciría antes da primavera.

     
     
    Galicia Confidencial

     

     

     

     

     

     

     

     

CUT da UDC . SEMPRE DO LADO DAS TRABALLADORAS E TRABALLADORES

cutudc.com, 2009. Publicado baixo licencia Creative Commons DHTML Menu By Milonic JavaScript