02/01/2012
CUTUDC / Novidades
ACTUALIDADE
O Rei, o único inviolable e inmune á xustiza
A Constitución vixente, a de 1978, sinala que a Coroa é a Institución Constitucional en que se configura a Xefatura do Estado, cunhas características propias da Monarquía que son, entre outras, "a inviolabilidade e inmunidade absolutas do seu titular".
É dicir que, cando o rei subliñou na súa
mensaxe do día 24 de decembro que "a xustiza é
igual para todos", esquecéuselle dicir que o
único que está por enriba da Lei, de xeito
oficial, é precisamente el.
Esta situación de sumo privilexio en favor do
rei é de todo vetusta. Só encaixa no formato
institucional das monarquías absolutas,
erradicado felizmente en todos os países
democráticos. Certo é, non obstante, que hai
Repúblicas que outorgan o privilexio da
inmunidade aos seus presidentes elixidos nas
urnas. Iso acontece aínda na República
francesa. Pero os presidentes franceses perden
ese privilexio unha vez rematan o seu mandato.
Tal foi o asunto que supuxo unha sentenza
condenatoria, de dous anos de cárcere, para
Jacques Chirac. O partido socialista francés xa
anunciou en todo caso que, se gaña as próximas
eleccións presidenciais, derrocará a
inviolabilidade xudicial dos presidentes. Juan
Carlos I tería que tomar boa nota de que, neste
sentido, as cousas están a cambiar.
Que á xefatura dun estado se chegue polo
mero feito de ter o mesmo sangue que o
antecesor é a manifestación suprema da falta de
democracia. Isto que, en determinados casos, non se asume cando se
produce fora das fronteiras estatais acátase
placidamente, por activa ou por pasiva, no
“consumo” interno.
Aínda que nada máis sexa por hixiene
democrática a monarquía ten que desaparecer.
Quen somos | Contacto | Axuda
cutudc.com, 2009. Publicado baixo licencia Creative Commons DHTML Menu By Milonic JavaScript