02/01/2012
CUTUDC / Novidades
ACTUALIDADE
Os prezos subiron o triplo que os soldos co euro
A OCU denuncia que a cesta da compra subiu un 48% mentres que o salario medio só creceu un 14%.
Coa entrada do euro,
a cesta da compra subiu un 48% -dende os
4.600 euros ao ano ata os 6.800-, mentres que,
pola contra, o salario medio só creceu un
14%. Estes son os datos que esgrime a
Organización de Consumidores e Usuarios (OCU)
para denunciar o incremento de prezos que
provocou a moeda única europea a lardo o destes
anos.
"Tomar unha cervexa, ir ao cine ou comprar unha
casa, todo resulta máis caro cunha moeda que
nos meteu de cheo en Europa a cambio de
resgarnos o peto", sinala OCU, que asegura
que o pan custa agora un 81% máis que en 2001,
mentres que os ovos se encareceron nun 114%; o
leite, un 48%; o arroz, un 45% e aceite de
oliva, un 33%, entre outras cousas.
Segundo a OCU, é o momento de "facer contas",
xa que nin a Unión Europea nin a moeda única
viven os seus mellores momentos, cunha das
peores crises económicas e demasiados
rumores falando do retorno a pesetas,
marcos, francos ou liras.
En materia de vivenda, o metro cadrado das
casas de segunda man pasou de custar
328.923 pesetas en Madrid en 2001 (1.973 euros)
a custar 3.507 euros, un 78% máis,
segundo Idealista. O metro cadrado da vivenda
nova, segundo a Sociedade de Taxación,
encareceuse un 66%, ata os 2.419 euros.
Segundo a OCU, é o momento de "facer contas"
ante a crise económica
Os transportes, pola súa banda, tamén se
encareceron estes anos. En concreto, o tren é
agora un 45% máis caro que en 2002, mentres que
o autobús custa de media un 48% máis e o
transporte urbano, un 58%. Os combustibles,
ademais, custan hoxe un 82% máis que antes do
euro.
De feito, a tecnoloxía é o único que baixou, xa
que os televisores, as cadeas de música e os
lectores DVD hoxe custan un 62% menos do que
custaban en tempos da peseta. As videocámaras e
as gravadoras DVD son un 6% máis baratos,
mentres que as cámaras de fotos custan un 72%
menos e os electrodomésticos, un 4% menos.
Os salarios soben menos
Neste contexto, os salarios, segundo o
INE, só creceron un 14%, xa que en 2002 o
salario medio era de 19.802 euros brutos ao ano
e en 2009 (última enquisa publicada) se situaba
en 22.511 euros.
"Os españois enchen os seus petos con salarios
que quedaron desfasados"
Segundo a OCU, moitos salarios revísanse en
función do Índice de Prezos de Consumo (IPC),
aínda que a variación acumulada desta taxa
entre 2002 e 2011 non superou o 32%, polo que
non reflicte a suba xeneralizada de prezos
dende a chegada do euro.
"Os españois enchen os seus petos con salarios
que se quedaron desfasados respecto a estas
subas, pero tamén respecto ao propio IPC",
denuncia OCU, tras recordar que se o salario
medio tivese crecido o mesmo que o IPC, en 2009
debería ter sido 3.600 euros brutos anuais máis
alto.
Quen somos | Contacto | Axuda
cutudc.com, 2009. Publicado baixo licencia Creative Commons DHTML Menu By Milonic JavaScript