02/01/2012
CUTUDC / Novidades
ACTUALIDADE
O novo goberno ao servizo de banqueiros, empresarios e políticos corruptos
O novo goberno, encabezado polo presidente Mariano Rajoy, do Partido Popular, colleu forma. Despois de coñecer os nomes, moitos cidadáns pregúntanse: Estamos ou non estamos intervidos? A prioridade deste goberno é satisfacer ás quenllas dos mercados.
Este goberno é o mesmo que poñer ao
raposo ao coidado das galiñas. Ex directivos da
banca e grandes empresas, Opus, franquistas,
vendedores de armas, non falta de nada. Hai que
empezar a loitar contra este novo goberno ao
servizo de banqueiros e políticos corruptos.
Luis de Guindos, Ministro de Economía e ex
membro do Comité Operativo Europeo de Lehman
Brothers. A Ministra de Emprego, avogada
especializada en empresas, é unha firme
partidaria de baixar os impostos ás empresas
como principal medida para xerar emprego. Ana
Mato, que non será imputada en caso Gürtel,
acusada por corrupción e suborno, porque xa
prescribiron os delitos, agora será Ministra de
Sanidade. O novo presidente nomeou a Soraya
Sáenz de Santamaría único vicepresidente do seu
Executivo, ademais de voceiro e ministra da
Presidencia. Outro dos nomeamentos máis
relevantes, talvez o que máis expectación
xerara, é o de Luis de Guindos, que como
ministro de Economía e Competitividade será o
encargado de sacar o país da crise. Jorge
Fernández Díaz será titular de Interior. O
ministro de Asuntos Exteriores e Cooperación
será José Manuel García Margallo; o de Xustiza,
Alberto Ruiz-Gallardón; Ana Pastor farase cargo
de Fomento e Pedro Morenés de Defensa. O
ministro de Facenda e Administracións Públicas
será Cristóbal Montoro e o titular de Sanidade,
Servizos Sociais e Igualdade, Ana Mato. José
Manuel Soria estará á fronte do departamento de
Industria, Enerxía e Turismo, e Fátima Báñez de
Empleo e Seguridade Social. José Ignacio Wert
foi nomeado ministro de Educación, Cultura e
Deporte e Arias Cañete de Agricultura,
Alimentación e Medio.
Luis de Guindos, Ministro de Economía,
ex jefazo do Comité Operativo Europeo de
Lehman Brothers. Despois converteuse
en responsable do sector financeiro de Price
Waterhouse Coopers. Actualmente é director do
Instituto de Empresa e pertence ao Consello de
Administración de Endesa, do Consello de
Administración de Unedisa (editora de El Mundo e
Expansión, entre outros medios) e Banco Mare
Nostrum (BMN, encabezado pola antiga Caixa
Murcia).
Fátima Báñez, Ministra de Emprego, esta
avogada especializada en empresas, é unha firme
partidaria de baixar os impostos ás empresas
como principal medida para xenerar emprego.
Posúe seis vivendas, un soar e dous terreos de
secano, ademais de 326.884 euros subscritos en
bonos do Estado e diversas participacións en
tres compañías multinacionais. Tamén declarou
que percibiu 6.705 euros por rendementos de
actividades agrarias, 706 euros de diversos
cursos e seminarios, así como 1.093 euros de
rendementos de diversas contas bancarias.
Jorge Fernández Díaz, Ministro do Interior,
de profundas conviccións relixiosas e próximo
ao Opus Dei, foi delegado provincial de
Traballo en Barcelona, e gobernador civil de
Asturias e de Barcelona durante a transición,
este representante da dereita máis
recalcitrante equiparou o Val dos Caídos co
cemiterio de Arlington (EUA) da guerra civil
norteamericana ou co cemiterio da praia de
Normandia.
José Manuel García-Margallo, Ministro de
Asuntos Exteriores, tamén próximo ao Opus
Dei, é licenciado en Dereito pola Universidade
de Deusto. Máster en Dereito pola Universidade
de Harvard, con especialización en Dereito
Societario e Regulación do Mercado de Valores.
Provén, inicialmente tamén, do franquismo, o
ascenso da súa carreira de deputado arrancou
coas Cortes Constituíntes en 1977 pola UCD de
Adolfo Suárez.
José Ignacio Wert, Ministro de Educación e
Cultura, considerado a man dereita de Pedro
Arriola, asesor de cabeceira de Xénova e
oráculo das enquisas do PP, que tamén é o
marido do vicepresidente do Congreso Celia
Villalobos. Licenciado en Dereito pola
Universidade Complutense, o ministro de
Educación, Cultura e Deporte, foi xefe do
Servizo de Estudos de RTVE, subdirector do
gabinete técnico CIS e profesor de Socioloxía
Política da Universidade Autónoma de Madrid.
Dende 1987 ata 2003 foi presidente de
Demoscopia, instituto privado dedicado á
investigación de opinión e mercado.
En 1994 presidiu Sofres AM, empresa de medición
de audiencias televisivas, e, a continuación, foi
nomeado conselleiro delegado da compañía de
enquisas Sofemasa, propiedade do Grupo Sofres,
cargo en que cesou ese mesmo ano para volver a
Demoscopia. Foi tamén Presidente de ESOMAR, a
Asociación Global de Investigadores de Opinión
e Mercado. O BBVA fichouno posteriormente como
director de relacións corporativas e presidiu a
EFQM (European Foundation for Quality
Management) en representación do BBVA.
Ana Pastor, Ministra de Fomento, de
profundas conviccións relixiosas, deixou
preferentemente que fosen outros os que se
pronunciasen contra a lei que permitía o
matrimonio de persoas do mesmo sexo, a reforma
da regulación do aborto ou as polémicas
educativas. Ten tres pisos en copropiedade
(dous en Pontevedra e un en Madrid), máis un
garaxe en Madrid. Ademais é cotitular de dúas
contas correntes e é copropietaria de dous
coches. Ten ademais unha hipoteca de 200.000
euros. Ten un plan de pensións con
Novacaixagalicia, intervida pola súa nefasta
xestión.
Cristóbal Montoro, Ministro de Facenda,
propón poñer freo á presión fiscal que teñen as
empresas, a flexibilidade no mercado de
traballo e a contención salarial. Aínda hai
quen recorda sendo secretario de Estado de
Facenda logrou como afundir a cotización en
Bolsa dos grandes bancos ao advertir, en plena
rise asiática, dos riscos asumidos polas
entidades en América Latina. Foi un lunar que
chegou a converterse en absceso co caso
Gescartera, unha axencia de valores que estafou
120 millóns de euros a miles de investidores e
que tiña como mascarón de proa (presidenta) á
irmá do secretario de Estado de Facenda de
entón, Enrique Giménez-Reyna, subordinado de
Montoro. O secretario de Estado viuse obrigado
a dimitir e a súa irmá foi condenada a tres
anos e medio de carcel.
Pedro Morenés, Ministro de Defensa,
tamén próximo ao Opus Dei, é licenciado en
Dereito pola Universidade de Navarra, e
diplomado en Dirección de Empresas pola
Universidade Comercial de Deusto.
Durante os últimos oito anos foi secretario
xeral do Círculo de Empresarios e presidente do
Consello de Administración de Construcións
Navais do Norte. Traficante legal de armas ao
servizo de empresas multinacionais do
armamento, actualmente dirixe a filial española
da empresa europea de mísiles MDBA e, dende hai
poucas semanas, Seguribérica, a empresa que
presta seguridade aos atuneiros españois que
faenan no Índico, para defender o que roubamos
aos pescadores locais.
Miguel Arias Cañete, Ministro de Medio,
provén, tamén, do franquismo, exerceu como avogado
do Estado de
Ana Mato, Ministra de Sanidade, próxima
ao Opus Dei, sempre se lle identificou con
Aznar, porque formou parte do seu círculo de
confianza. A súa actividade non estivo exenta
de polémica pola implicación do seu ex marido,
Jesus Sepúlveda, no caso Gurtel e por
declaracións como as que poñían en cuestión o
modelo educativo andaluz. Tamén se lle adoita
asociar con negocios turbios e escándalos que
relacionaban cargos do PP con corrupción
urbanística.
José Manuel Soria, Ministro de Industria e
Enerxía, dende a dirección do PP en
Canarias desempeñou un activo labor de apoio á
política de José María Aznar e en 2003 foi
elixido deputado no Parlamento de Canarias,
tarefa que compaxinou coa presidencia do Cabido
de Gran Canarias ata que saíu do Goberno
insular tras unha moción de censura presentada
por Coalición Canaria (CC) e Nova Canarias en
Soraya Saénz de Santamaría, Ministra de
Presidencia, licenciada en Dereito pola
Universidade de Valladolid. Exerceu como
Avogada do Estado. É propietaria dun
apartamento en Madrid e copropietaria dunha
casa de paredes medianeiras, tamén en Madrid,
que é a súa vivenda habitual. Ten un Audi A3 e
posúe ademais 91.952 euros en depósitos e
contas correntes. Debe 171.204 euros dunha
hipoteca de 214.050, e 254.815 euros doutra
hipoteca de 385.000 euros. En 2010 declarou ter
recibido 51.440 euros polo seu labor de voceiro
do Partido Popular. Tamén cobrou 1.771 euros
polos trienios da Avogacía do Estado e 934
euros dos intereses das súas contas.
Alberto Ruiz-Gallardón, Ministro de Xustiza,
licenciado en Dereito pola Universidade San
Pablo CEU. É avogado e membro da Carreira
Fiscal en excedencia (obtivo o segundo posto
nas oposicións á Fiscalía). Afiliado ao partido
Alianza Popular dende os 18 anos, en 1977, non
comezaría a súa carreira política ata 1983
cando foi elixido concelleiro no Concello de
Madrid. Foi senador por Madrid entre 1987 e
1995 e deputado da Asemblea de Madrid dende
1987. Tamén foi elixido voceiro do Grupo
Parlamentario Popular no Senado e na Asemblea
de Madrid. En xuño de 1995 foi elixido
presidente da Comunidade de Madrid e reelixido
en xullo de 1999 ata xuño de 2003. Alcalde de
Madrid dende 2003. No XVI Congreso do PP, o 21
e 22 de xuño de 2008, é nomeado membro do
Comité de Dirección, máximo órgano de poder do
partido.
Prensa
Quen somos | Contacto | Axuda
cutudc.com, 2009. Publicado baixo licencia Creative Commons DHTML Menu By Milonic JavaScript