Xaneiro de 2012
 
 

02/01/2012

   CUTUDC / Novidades

  ACTUALIDADE
 

A matrícula "gratuita" de 2010 tamén paga

No mes de decembro moitos de vós (os que utilizáchedes algunhas das posibilidades de acción social. Matrícula gratuíta, vacacións…) notáchedes como na nómina se reflectía como un pago en especie.

 

  • Xa advertimos que, cando se aprobou o orzamento de 2011, toda a acción social pasaba a engrosar o capítulo I, polo tanto comezaba a ter esa consideración (pago en especie). Isto advertiuse, de novo, na campaña de vacacións cando se realizaron as asembleas nas que modificamos o regulamento e en posteriores escritos.
     
    No referente á cotización polas matrículas académicas a Xerencia intentou, en primeira instancia, pasar as do curso 2011-2012, á vista de que isto era imposible a estas alturas (o proceso desta matrícula non está rematado), optou por pasar as do ano académico 2010-2011. O caso é cobrar.
     
    A cuestión é que o que, polo tanto, se presenta agora na nómina, no que se refire aos prezos de matrícula corresponde ao curso 2010-2011, esa matrícula realizouse pola xeneralidade do persoal afectado, no ano 2010, ano no que a acción social non estaba, aínda, no capítulo I.
     
    Advertido isto polos representantes do PAS (funcionario e laboral) na Comisión de  Asuntos Económicos realizada o día 29 de decembro, a Xerencia entende que todo o mundo debería estar advertido. Que non se debería levantar polvareda porque se gozou durante anos dun servizo sen o correspondente desconto, e que a prestación do servizo (que é polo que ten a consideración de pago en especie) fíxose, tamén, durante o ano 2011.
     
    Expuxo que a consolidación da matrícula (despois das renuncias, reclamacións…) coñécese aproximadamente en xuño do ano académico en curso, neste caso en xuño do 2011.
     
    Preguntóuselle porqué, nese caso, non se aplicou unha política de desconto paulatino (dividíndoo por meses) para que non fose tan gravoso nunha única mensualidade, respondendo tanto ela como a xeneralidade dos membros da Comisión (todos docentes), que era mellor pagar canto máis tarde mellor e se podía ser no mes de paga extra iso era a opción menos mala.
     
    Diante desta reclamación tanto a Xerencia  coma o Vicerreitor entenden que o procedemento de tributación polo servizo prestado está aberto á consideración que o novo equipo reitoral lle queira dar e que o proceso realizado é o que correspondía.

     

     

     

     

     

     

     

     

CUT da UDC . SEMPRE DO LADO DAS TRABALLADORAS E TRABALLADORES

cutudc.com, 2009. Publicado baixo licencia Creative Commons DHTML Menu By Milonic JavaScript