O Consello de Ministros do día 30 tomou as primeiras medidas do goberno Rajoy, non houbo sorpresas. Os de sempre, os máis débiles, seguiremos pagando a crise do sistema.
No mes de decembro moitos de vós (os que utilizáchedes algunhas das posibilidades de acción social. Matrícula gratuíta, vacacións…) notáchedes como na nómina se reflectía como un pago en especie.
O aeroporto de Huesca mantense aberto con catro pasaxeiros en novembro despois de non recibir nin un só nos 31 días de outubro, ademais de non contar con ningún voo comercial.
O número de procesos aumentou un 89% en catro anos, aínda que a tendencia rompeu no terceiro trimestre de 2011. Os concursos soben o 21% e os embargos caen o 14%
Cando o Rei subliñou na súa mensaxe do día 24 de decembro que "a xustiza é igual para todos" esqueceuselle dicir que o único que está por enriba da Lei é precisamente el.
O novo goberno do Partido Popular ten un problema xeral: como facer que aos seus votantes agora esquezan as súas mentiras.
Os representantes dos traballadores solicitaron á Fiscalía Anticorrupción de Alicante que investigue a legalidade da concesión dunha póliza de pensión vitalicia a favor de antigos membros do Comité de Dirección de CAM
O novo goberno, encabezado polo presidente Mariano Rajoy, do Partido Popular, colleu forma. Despois de coñecer os nomes, moitos cidadáns pregúntanse Estamos ou non estamos intervidos? A prioridade deste goberno é satisfacer ás quenllas dos mercados.
A OCU denuncia que a cesta da compra subiu un 48% mentres que o salario medio só creceu un 14%.
Os 400 traballadores da empresa Helliniki Halivourgia (Aceirería Grega) da factoría de Atenas cumpriron hoxe 55 días de paro indefinido e a súa loita xa converteuse nun símbolo da resistencia contra as severas medidas de axuste neoliberal.
Abríguense, que o ano vén con moito frío. De entrada, o goberno conxelou o salario mínimo interprofesional (SMI), que se ben nunca alcanzou unha temperatura agradable, deixalo en cero graos estende a sensación de frío a moitos traballadores.
O persoal da Xunta segue reducíndose a consecuencia da política de axuste de persoal impulsada tanto polo Executivo autonómico como polo central, e os últimos datos que manexa o primeiro confirman unha nova redución.
No discurso do xa presidente de Goberno se formulaba como unha das solucións para a Sanidade a elaboración dunha Lei de Servizos Básicos que asegurase unha "carteira básica de servizos para todos os cidadáns". Esta proposta formula algúns interrogantes sobre os que convén reflexionar.
A Xunta de Galicia decidiu aprazar o simulacro de emerxencia ante un posible accidente na Planta de gas de Reganosa e na empresa Forestal do Atlántico, diante da alerta laranxa costeira decretada pola Axencia Estatal de Meteoroloxía, argumentando que podería darse “ a posibilidade de que os efectivos do operativo, protección civil, bombeiros e policías, foran requiridos para atender á poboación ante posibles incidencias que se puideran producir como consecuencia do temporal”.
A crise da débeda en Europa e as súas feroces consecuencias sociais teñen todo que ver co adelgazamento progresivo da fiscalidade (os impostos) e coa fraude fiscal. Moito máis que con excesos ou irresponsabilidade no gasto público.
Quen somos | Contacto | Axuda
cutudc.com, 2009. DHTML Menu By Milonic JavaScript