02/01/2012
CUTUDC / Novidades
ACTUALIDADE
O número de empregados públicos sitúase nos 88.842, o máis baixo desde que comezou a crise
O persoal da Xunta segue reducíndose a consecuencia da política de axuste de persoal impulsada tanto polo Executivo autonómico como polo central, e os últimos datos que manexa o primeiro confirman unha nova redución.
O persoal da Xunta segue reducíndose a
consecuencia da política de axuste de persoal
impulsada tanto polo Executivo autonómico como
polo central, e os últimos datos que manexa o
primeiro confirman unha nova redución. En
concreto, a Administración galega pechou o
primeiro semestre do ano cun total 88.842
empregados públicos, o que representa un
descenso de 111 efectivos respecto ao mesmo
período do ano anterior.
A pesar de que o presidente da patronal, Joan
Rosell, insinuaba hai uns días a necesidade de
que as administracións poidan despedir a
funcionarios en caso de necesidade, o certo é
que Galicia xa está a cumprir os criterios á
hora de axustar ao máximo o gasto en persoal. A
cifra de efectivos ao servizo de San Caetano é
a máis baixa desde que se iniciou a crise e as
previsións son que, lonxe de incrementarse,
durante 2012 siga reducíndose.
Dous son os motivos que explican a redución
experimentada no persoal de traballadores da
maior ‘empresa' de Galicia. Por unha banda, a
freada á contratación de interinos e
traballadores temporais pola non cobertura das
baixas. E polo outro, a taxa de reposición do
10% marcada polo Goberno central nos últimos
anos, o que provoca que a maior parte das
xubilacións non se cubran con novos
traballadores/as.
PREVISIÓN
A previsión para o exercicio 2012 indica que a
Xunta manterá a mesma tendencia de axuste no
capítulo de gasto de persoal. De feito, na
memoria de orzamentos do próximo ano
especifícase que na Administración galega «non
se incrementa o número de efectivos» salvo en
dúas excepcións: as incorporacións por
cumprimento de sentenzas xudiciais que obrigan
a converter en indefinidos a traballadores
temporais, e a execución de programas de
carácter temporal iniciados xa en 2011.
A Administración galega prevé destinar o
próximo ano 1.977 millóns de euros ao pago de
nóminas (sen incluír o Sergas), o que
representa un descenso de 22,2 millóns sobre
2011. Segundo consta nos orzamentos, este
descenso afecta a sete consellerías, ao
Parlamento e ao Consello de Contas, mentres que
o gasto sobe en tres departamentos.
Quen somos | Contacto | Axuda
cutudc.com, 2009. Publicado baixo licencia Creative Commons DHTML Menu By Milonic JavaScript