02/01/2012
CUTUDC / Novidades
ACTUALIDADE
A dilapidación viaxa en ‘business’: Huesca recibiu 4 pasaxeiros en novembro e ningún en outubro
O aeroporto de Huesca mantense aberto con catro pasaxeiros en novembro despois de non recibir nin un só nos 31 días de outubro, ademais de non contar con ningún voo comercial.
Ao finalizar as obras en 2007, o custo
total do investimento| do aeródromo do Pireneo
aragonés supuxo 45 millóns de euros. Unha das
últimas medidas anticrises que efectuou Aena,
responsable do aeródromo, prescindiu dos
controladores aéreos convencionais e vai
implantar o sistema AFIS, no que só o persoal
de terra ofrece aos pilotos información
meteorolóxica e do tráfico nese momento. É un
sistema que se instalou noutros aeroportos
pequenos e aeródromos do país que restrinxe a
operatividade. A día de hoxe o seu futuro é
incerto e mantén o posto de 17 traballadores.
Pastor deberá lanzar dende cero este aeroporto
xestionado por Aena e propiedade de Fomento, xa
que unicamente a compañía Aramón mantén o seu
voo dende Londres para os amantes do esquí.
Pyrenair era outra aeroliña que circulaba pero
que interrompeu a súa campaña en febreiro,
deixando en terra a uns 1.800 esquiadores que
xa tiñan os seus voos programados ata metade de
marzo. Unha desfeita que se sumou ao peche a
principios de ano de Top Fly, unha escola de
pilotos que instruía alumnos chineses.
Na zona aragonesa tampouco se chegou a aplicar
nunca o plan co que se construíu o aeródromo e
que prevían rutas regulares con Madrid e
Barcelona e uns 35.000 viaxeiros anuais. Entón
tamén esperaban que en 2014 houbese seis rutas
que multiplicaría por cinco os visitantes en
tres anos máis. Non obstante, en todo 2011
apenas pasaron 2.772 pasaxeiros polo aeroporto,
a metade dos que viaxaron o ano pasado. Un
auténtico fracaso.
O caso altoaragonés, estendido por todo o
territorio
O caso do aeroporto de Aragón non é excepcional
no resto do estado. Outros, como o de Castelló,
inaugurouse e aínda non circulou nin un só
avión por el. A bonanza económica que acompañou
ás dúas lexislaturas de Aznar desatou unha
febre aeroportuaria por toda España. Hoxe, Aena
computa 49 aeródromos en todo o territorio
español, sen contar cos que dependen na súa
totalidade das comunidades autónomas. A
situación actual é límite, e moitas cidades
manteñen os seus proxectos vivos sen encontrar
o modo de financialos. As empresas privadas
afastáronse de investimentos de tan dubidoso
retorno, e as administracións públicas non
atravesan o seu mellor momento financeiro.
Só quince aeroportos de Aena superan os 100.000
pasaxeiros mensuais. Entre os 20 aeródromos
máis deficitarios, suman 84.324 pasaxeiros no
mes de novembro. Unha auténtica ruína si se ten
en conta o custo de mantemento dos devanditos
aeródromos. Un puñado máis de viaxeiros que ao
de Huesca chegaron o mes pasado ao aeroporto de
Albacete, que conseguiu pechar o mes con 186
billetes vendidos, un 83% menos que o mesmo mes
de 2010. Córdoba, con 850 e o heliporto de
Alxeciras, con 1.769, son os que menos tránsito
tiveron durante o mesmo mes. Pola súa banda,
Salamanca só sumou 1.892, 26 pasaxeiros máis
que o de Logroño-Agoncillo. Burgos e Reus
quedaron en torno a uns 2.000, cunha media duns
67 pasaxeiros ao día.
Quen somos | Contacto | Axuda
cutudc.com, 2009. Publicado baixo licencia Creative Commons DHTML Menu By Milonic JavaScript