02/01/2012
CUTUDC / Novidades
ACTUALIDADE
A Xunta gasta 400.000€ en concienciarnos para que asumamos os recortes
A mellor política é a que se dita sen que a cidadanía a perciba ou, previamente, sexa asumida polos que a van a sufrir como algo necesario ou propio da situación económica de crise.
“É necesario mirar cada euro”. «O Goberno
ten que investir o mellor posible e ser austero
no gasto». «Os cidadáns deben ser solidarios
nas contribucións e así dispor de recursos para
o sostemento dos servizos e infraestruturas que
temos». Son algunhas das mensaxes que, dende
hai unhas poucas semanas, os galegos reciben
nun vídeo difundido a través da televisión e
Internet. Trátase dunha campaña publicitaria da
Xunta na que as elocuentes mensaxes van
acompañadas de imaxes que non o son menos: unha
aula escolar na que nacen ordenadores, un
hospital ao que lle crece un novo edificio ou
un viaduto ao que se lle incorpora un novo
treito. «Cada euro, conta», remacha o locutor
ao final do vídeo, idea que se repite tamén nas
versións radiofónica e impresa da acción
propagandística.
Quen siga de preto as declaracións dos máximos
responsables do Goberno galego, especialmente
do seu presidente, Alberto Núñez Feijóo, verán
nesta campaña unha síntese do que é o centro da
súa mensaxe política desde antes de gañar as
eleccións en 2009: a «austeridade», «facer máis
con menos», «non gastar máis do que se ten».
Con todo, esas proclamas, nas que o líder dos
conservadores galegos foi pioneiro e que se
foron estendendo ao conxunto das institucións
do Estado nos últimos dous anos, contrastan co
custo da propia campaña de publicidade: un
total de 381.355,93 euros «IVE excluído», é
dicir, máis de 400.000 euros, unha vez aplicado
o 18% correspondente. É o importe que cobrará a
axencia viguesa Verve Audiovisual, gañadora
do concurso convocado pola Consellería de
Facenda da Xunta o pasado mes de maio por un
importe de licitación -cantidade que a
Administración está disposta a gastar como
máximo- de 381.355,93 euros, que unha vez
engadido o IVE chegaban aos 450.000.
«Solidariedade» mentres se aproban os
Orzamentos
Ao iniciar o proceso de contratación o
Executivo de Feijóo informaba aos posibles
contratistas de que terían que desenvolver unha
campaña publicitaria centrada na «solidariedade
na contribución para o mantemento dos servizos
públicos na comunidade autónoma de Galicia». O
seu prazo de execución sería de «dous meses» e
«en ningún caso» podería «exceder do 20 de
decembro de 2011″.
Así as cousas, mentres o Parlamento de Galicia
avanza no proceso de aprobación dos Orzamentos
de 2012 que, segundo a oposición, traen consigo
a enésima «tesoirada social», a Xunta tenta
convencer os cidadáns de que os servizos
públicos custan cartos, gastando para iso case
medio millón de euros a través dun contrato
formalizado o pasado 25 de novembro. Por se a
difusión a través dos medios de comunicación
non fose dabondo, os galegos verán reforzada
tamén a idea de que «cada euro conta» a través
dun «mínimo de 150 valos publicitarios» de
Tempos Novos
Quen somos | Contacto | Axuda
cutudc.com, 2009. Publicado baixo licencia Creative Commons DHTML Menu By Milonic JavaScript