26/12/2011
CUTUDC / Novidades
ACTUALIDADE
Traballadores sociais galegos denuncian as consecuencias dos recortes
A presidenta do Colexio de Traballo Social de Galicia, Juana María Tubío, alertou das consecuencias da "redución" de dous millóns de euros no Plan Concertado dentro dos presupostos da Xunta para o ano próximo, no que se refire á atención e ao emprego.
Despois de que o Parlamento galego aprobase estas contas, Tubío incidiu en que estes "recortes" terán "unha incidencia directa" na sociedade e, fundamentalmente, nas mulleres, "afectadas en maior medida pola destrución de emprego no ámbito da axuda no fogar". Ademais, chamou a atención sobre que a redución de fondos provocará "a quebra do tecido empresarial vinculado á prestación deste servizo".
Quen somos | Contacto | Axuda
cutudc.com, 2009. Publicado baixo licencia Creative Commons DHTML Menu By Milonic JavaScript