Decembro de 2011
 
 

26/12/2011

   CUTUDC / Novidades

  ACTUALIDADE
 

Lei de Acompañamento, a quebra do Sergas

Despois da aprobación dos orzamentos do próximo ano, a Cámara deu o visto e prace tamén, cos únicos votos a favor do Partido Popular, á Lei de Acompañamento e Medidas Fiscais, unha norma que levantou polémica por recortar as gardas farmacéuticas en zonas rurais, impoñer o cobramento de 10 euros para repoñer as tarxetas sanitarias perdidas e esixir un empadroamento mínimo de seis meses para ter médico de cabeceira.

 

  • Esta lei supón a quebra do principio de universalidade e gratuidade da sanidade pública.
     
    A súa aprobación foi contestada por unha protesta no interior do hemiciclo por parte de representantes da Plataforma en defensa da Sanidade Pública que irromperon no momento da votación da lei con pancartas en contra dos recortes e a privatización da sanidade. Na rúa outros 200 manifestantes concentráronse tamén fronte ao Pazo do Hórreo, chegando a cortar o tráfico.
     
    O PP rexeitou todas as emendas e aprobou este novo ataque á sanidade pública en solitario.

     

     

     

     

     

     

     

     

CUT da UDC . SEMPRE DO LADO DAS TRABALLADORAS E TRABALLADORES

cutudc.com, 2009. Publicado baixo licencia Creative Commons DHTML Menu By Milonic JavaScript