Decembro de 2011
 
 

26/12/2011

   CUTUDC / Novidades

  ACTUALIDADE
 

Os recortes reducirán a supervivencia dos doentes con cancro

Un 81,7 % dos oncólogos asegura sufrir «dificultades» para tratar aos enfermos con terapias innovadoras.

 

  • Os recortes terán tamén o seu efecto no tratamento dos pacientes con cancro . Os recortes traduciranse nunha rebaixa da eficiencia na asistencia sanitaria. Pero tamén a austeridade presupuetaria reflectirase na calidade de vida dos enfermos e nunha deterioración da formación dos oncólogos. Tarde ou cedo a taxa de supervivencia dos pacientes con cancro minguará.
     
    Esta é unha das principais conclusións que se desprende da enquisa Impacto da crise económica na aplicación de terapias oncolóxicas innovadoras, realizada polo Instituto de Estudos Médico Científicos (INESME) coa participación de 60 oncólogos seleccionados de forma aleatoria. No estudo, cuxos resultados se presentaron hoxe, sublíñase que o 81,7 % dos oncólogos españois asegura padecer no último ano «dificultades» á hora de tratar aos seus pacientes. Unha veces reduciuse a oferta e outras se limitou a dispoñibilidade de terapias innovadoras.
     
    De acordo co presidente do INESME, Jesús Honorato, están a aflorar trabas para a posta en marcha de ensaios clínicos e limitacións no uso compasivo dos medicamentos, así como unha maior presión aos oncólogos por parte das administracións. En suma, os enfermos están a beneficiarse menos de tratamentos innovadores.
     
    Así, as restricións están asociadas a aqueles tratamentos de custo elevado, coa eterna xustificación da necesidade de reducir o gasto. A este respecto, o informe sostén que agora se están aplicando de xeito rigoroso criterios de eficiencia. Por esta razón estanse modifiando protocolos e guías hospitalarias.
     
    O estudo revela que un 67 % dos interrogados están persuadidos de que existen disparidades entre distintos hospitais dunha mesma comunidade en canto á disposición de tratamentos. Ao redor dun 80 % dos enquisados opina que o cancro de pulmón é o máis afectado por mor da escaseza de tratamentos innovadores, seguido polo de mama e ril. Trátase tumores que teñen gran incidencia na poboación. «O seu impacto socio-sanitario é moi importante», dixo Honorato, quen destacou que un recorte pode ter consecuencias inmediatas na supervivencia.
     
    As terapias innovadoras non son as únicas afectadas pola crise.
     
    Non en balde, un de cada tres enquisados admite que a detección precoz do cancro mediante o uso de marcadores biolóxicos (36 %) ou a quimiopreveción (38 %) tamén están a sufrir as dentelladas do axuste presupuestaro. Catro de cada dez oncólogos pensan que ás restricións sobre os medicamentos máis novos hai que sumar a degradación da formación dos médicos especialistas neste campo, coa consecuente inexperiencia que iso leva.
     
    O futuro non é moi bo. Nove de cada dez oncólogos pensan que as dificultades van continuar nos próximos dous anos, e máis da metade opina que os abafos económicos continuarán outros catro anos.

     

     

     

     

     

     

     

     

CUT da UDC . SEMPRE DO LADO DAS TRABALLADORAS E TRABALLADORES

cutudc.com, 2009. Publicado baixo licencia Creative Commons DHTML Menu By Milonic JavaScript