26/12/2011
CUTUDC / Novidades
ACTUALIDADE
A medicina de Rajoy
O plan anunciado por Rajoy afonda no duro axuste iniciado por Zapatero, pon prazo para unha nova reforma labora na que o obxectivo parece ser a negociación colectiva e a redución de salarios (os sindicatos “amigos” xa acatan o que se denomina “moderación salarial”), o seu proxecto tamén contempla a inxección de diñeiro público para sanear a banca privada (falou publicamente da creación do banco “malo”) e continuará cos recortes sociais até rematar coa eficiencia da administración e servizos públicos.
O discurso de Mariano xirou esencialmente
entorno á crise económica e ás solucións que
desde o neoliberalismo máis rancio prepararon.
Describiu un panorama absolutamente tenebroso
no que apuntou previsións de decrecemento
incluso para vindeiros anos, sinalou que o
déficit público chegou a 65.000 millóns (o 6%
do PIB) comprometéndose a reducilo en 16.000
millóns até o 4% do PIB comprometéndose a
realizar unha profunda reforma (a primeira
prioridade para el) na administración coa
finalidade, dixo, de evitar as duplicidades e
impoñer a austeridade.
Anunciou a supresión de organismos públicos,
puxo de manifesto que a taxa de reposición
continuará en cero e que non se incrementará o
persoal público a excepción dos corpos de
seguridade.
Anunciou, tamén, diversas reformas no eido
laboral, dixo que se propón elevar a idade real
de xubilación á idade legal e que suprimirá as
prexubilacións "salvo en circunstancias moi
excepcionais", impulsará os sistemas
“complementarios” de pensións (pulará as
pensións privadas), mellorará a tributación das
prestacións dos plans privados de pensións.,
incentivará a contratación de mozos/as e
modificará o calendario laboral para trasladar
os festivos aos luns para reducir as pontes.
Confirmou que actualizará as pensións a partir
do 1 de xaneiro de 2012 o que "será o único
compromiso que me van escoitar no día de hoxe
de aumento de gasto"
Anticipou que o seu Goberno manterá o IVE
"superreducido" do 4% na compravenda de
vivendas habituais e que recuperará a dedución
fiscal no IRPF para a adquisición de vivenda
habitual.
Previo a este día Rajoy mostrara a súa
intención de volver poñer sobre a mesa unha
reforma laboral. Para iso, reuniuse cos máximos
dirixentes dos sindicatos maioritarios e co
xefe da patronal. Rajoy instou os axentes
sociais para que se poñan de acordo antes do 6
de xaneiro.
Os sindicatos maioritarios a súa vontade
negociadora e xa fixeron pronunciamentos a
favor da moderación salarial
Os obxectivos da patronal son coñecidos des de
fai tempo: "simplificar" a lexislación laboral,
flexibilizar os contratos a tempo parcial e de
formación, eliminar a referencia salarial ao
Índice de Prezos de Consumo (IPC), dotar á
empresa de instrumentos de flexibilidade
interna, o que inclúe conceptos como a
porcentaxe anual de dispoñibilidade por parte
da empresa, bolsa de horas, horas extra e
flexibilidade funcional; e facilitar o convenio
de empresa e o descolgue dos convenios
colectivos, eliminar a ultraactividade.
Ademais, o grande obxectivo da CEOE é alcanzar
un novo pacto de moderación salarial para o
período 2012-2015.
Outra esixencia da patronal para esta nova
reforma é situar a indemnización habitual por
despedimento en 20 días por ano cun máximo de
12 mensualidades a intención da patronal é que
dea igual ser contratado indefinido ou
temporal.
A medicina de Rajoy é unha nova dose,
reforzada, da que, no seu día, nos receitou
Zapatero . Os mercados, o capital e os
empresarios mandan e, como non espabilemos o
futuro para a clase obreira preséntase
desolador.
Nas nosas mans está darlle ao sr. Rajoy e ao
capital que o sustenta a resposta que se
merecen.
Quen somos | Contacto | Axuda
cutudc.com, 2009. Publicado baixo licencia Creative Commons DHTML Menu By Milonic JavaScript