26/12/2011
CUTUDC / Novidades
ACTUALIDADE
Edificios públicos iniciados fai 10 anos aínda non foron abertos
Neste momento hai entidades benéficas afogadas en Galicia, miles de persoas que dormen na rúa, moitas máis aínda que deben pedir axuda para comer, empresas que creban e concellos que case non poden pagar nóminas. Pero sobre o territorio galego hai tamén decenas de edificios públicos construídos ao grande e sen ningún uso.
Algúns levan así anos. Outros son máis
recentes. Os fondos que as Administracións
municipal, autonómica, estatal e ata europea
destinaron, segundo os casos, a estas
infraestruturas superan os 50 millóns de euros.
Existen inmobles ata sen finalidade clara. A
antiga fábrica de Sel de Muros (9.704
habitantes) rehabilitouse para convertela en
Museo do Mar, inaugurouse no principio do ano,
custou dous millóns de euros e segue baleira. O
executivo estuda agora convertelo en sede da
Policía Local. Outros dous millóns foron a
parar ao viveiro de empresas de Boiro (19.079
habitantes), destinado, en principio, a cursos
para integración laboral. O anterior executivo
pretendía instalar tamén un centro de formación
en hostalería, pero de momento non se fai nin
unha cousa nin a outra.
Outro tanto lle ocorre á Casa do doutor Carús,
en Vilagarcía (37.926 veciños): o anterior
goberno local empregou 1.076.000 euros para
restaurar esta vivenda construída en 1910 e
acondicionar un xardín de
A espera para ver resultados é longa nalgúns
casos. As obras da Casa de Cultura de Cee
(7.818 veciños) empezaron fai 13 anos. Aínda
non está lista. Destináronse a facela case tres
millóns de euros e aínda faltan 300.000 para
acabar o auditorio baixo mínimos e poder abrir.
Tempo de espera
Desde 1999 levan acabada a restauración
(230.000 euros achegados pola Xunta) da
ferrería de Seoane, en Folgoso do Courel (1.196
habitantes): construído a principios do XIX, o
edificio é un dos máis voluminosos e mellor
conservados da Península. O obxectivo era que a
familia propietaria abrísea a visitas, pero se
negaron alegando que faltan unhas obras
complementarias. Hai que corrixir tamén
algunhas deficiencias de seguridade. De
momento, non hai data de apertura. Por outra
banda, desde o 2006 leva inaugurado o edificio
da Garda Civil do Mar de Viveiro (16.211
habitantes): 120.000 euros achegados polo
Concello e aínda non entrou en servizo, do
mesmo xeito que o matadoiro de Ribeira (27.504
veciños). Custou 1,3 millóns de euros; en abril
do 2010 o Concello solicitou a licenza e segue
sen ela.
Información elaborada coa colaboración de
Ana Gerpe, Marcos Gago, Cristina Barral, M.
Cheda, Serxio González, Carlos Cortés, Eduardo
Eiroa, Toni Longueira, Toni Silva, F.
Espiñeira, Susana Acosta, Xosé V. Gago, C.
Punzón, Ángel Paniagua, José Alonso, Rubén
Nóvoa e Patricia Branco.
La Voz de Galicia
Quen somos | Contacto | Axuda
cutudc.com, 2009. Publicado baixo licencia Creative Commons DHTML Menu By Milonic JavaScript