Decembro de 2011
 
 

26/12/2011

   CUTUDC / Novidades

  ACTUALIDADE
 

Resumo do Consello de Goberno do 20/12/2011

O que parece será o último Consello de Goberno presidido polo Sr. Barja, para non variar, tivo o mesmo contido e ritual de todos os anteriores.

 

  • CONSELLO DE GOBERNO DO DÍA 20/12/2011

     

    INFORME DO REITOR
     
    O día 19 (onte) reuniuse a Xunta Reitora do Campus do Mar, no que a UDC participa “profundamente”. Nela decidiuse a implantación do programa de doutoramento de Campus do Mar. Un programa para a Escola Internacional de Posgrao.
     
    Constituiuse (déronse os primeiros pasos) da Conferencia de Reitores do Suroeste de Europa (Galicia, norte de Portugal e Castela-León) que está constituída por universidades e institutos tecnolóxicos, en total 18.
     
    Eleccións a Reitor, esta será a última reunión de Consello de Goberno que, previsiblemente, presida.
     
    Lei de Universidades Galegas, haberá unha nova lei. De momento só se lles transmitiu un índice, un borrador que non serve para nin sequera facerse unha idea global da norma (o trámite parlamentario será até, aproximadamente, maio de 2012).
     
    Enxeñería da Edificación, o recurso segue os trámites pertinentes, non hai decisión última. A UDC non é quen defende a denominación do título, iso estao a facer o Ministerio.
     
    Vicerreitora de Investigación
     
    As convocatorias do Ministerio aprázanse até a incorporación do novo equipo na Moncloa.
     
    Toda a documentación que se presente diante da Xunta será, ao longo do ano, a través de proceso electrónico, este complexo procedemento crea problemas coas xustificacións.
     
    BUGalicia. A Xunta non ingresou aínda máis de un millón de euros, a súa aportación. Pénsase que fará o ingreso en marzo do vindeiro ano, xa comeza a haber problemas con distribuidores e editoriais.
     
    Vicerreitor de AA. Económicos
     
    Plan de sustentabilidade (aínda non se sabe como se repartirá), non hai resposta oficial, o presentado pola UDC verbalmente foi aceptado.
     
    Plan de financiamento (terá repercusión orzamentaria desde o 2013) Estase a rematar co panel de indicadores que globalmente son favorables.
     
    Ao non haber un índice de relevancia nos marcadores este plan móvese nunha nebulosa.
     
    Os indicadores con maior valoración son os de docencia e os de menor os de infraestruturas.
     
    Punto 1
     
    Apróbase a acta.
     
    Punto 2
     
    Foi o primeiro.
     
    Punto 3
     
    Apróbase a prórroga do orzamento para dar tempo ao novo equipo a que faga a súa proposta.
     
    Punto 4
     
    Xerenta e, algunhas veces, o Vicerreitor:
     
    Apúntase o problema de que a Xunta libra tarde a súa parte de aportación ao orzamento pero asegúrase o pago a provedores como máximo en 30 días.
     
    A redución da aportación da Xunta en 5 millóns compénsase coa aportación da Universidade en 6 millóns.
     
    Rexístrase un incremento no gasto de persoal do 1% pese aos descontos derivados do Decreto.
     
    Rexístrase unha caída nos ingresos derivados das matrículas, que aínda que medraron en número, o recadado foi menor.
     
    A pesar de todo o saldo de tesourería é favorable (páxina 110 da memoria):
     

     

    A liquidación do Capítulo I pódese ver na páxina 101:

     


     
    Castedo.- Pide que se adíe a decisión por non dar tempo a facer unha análise pormenorizada.
     
    Respóstaselle (Xerenta e Vicerreitor)
    que non están de acordo porque preséntanse unhas contas auditadas e é un documento eminentemente técnico onde os números non poden estar equivocados.
     
    Xosé Portela.- Anuncia o seu voto en contra porque o seu voto na aprobación do orzamento foi desfavorable ao considerar que as aspiracións do colectivo que representa non se contemplaban. A execución do orzamento confirma a discriminación deste colectivo.
     
    Indica, tamén, que os números, a pesar da frialdade que se lles quere dar, son o reflexo de decisións políticas.
     
    Votación: maioría aplastante a favor, 7 abstencións e 1 voto en contra.
     
    Punto 5
     
    Pasa sen problemas.
     
    Punto 6
     
    Apróbanse as convocatorias de PDI
     
    Punto 7
     
    Apróbanse os tribunais para xulgar as prazas.
     
    Punto  8
     
    Apróbanse os nomeamentos de profesores honorarios, faltaría máis.
     
    Punto 9
     
    O PDI acreditado promocionará.
     
    Punto 10
     
    Apróbanse os premios extraordinarios de fin de carreira.
     
    Punto 11
     
    Apróbase a modificación do Regulamento de doutoramento.
     
    Punto 12
     
    Retírase da orde do día porque o Doutoramento en Nanomedicina realízase conxuntamente entre as tres universidades e a de Braga. Á hora de comezo do Consello de Goberno, non se recibira a documentación.
     
    Punto 13
     
    Castedo
    : Fala do correo electrónico do que xa pasou a correspondente información á comunidade universitaria. Como xa sabedes de que vai, non imos incidir nel.
     
    Xosé Portela:
     
    Dende comezo de ano pasaron por este Consello de Goberno cousas que afectan ao orzamento. A sinatura de Convenio Colectivo de PDI, Convocatorias de Prazas de PDI (hoxe aprobáronse prazas e promocións), creación de prazas derivado da promoción de Bolseiros Parga Pondal, as promocións pactadas co PAS funcionario, de todo isto congratulámonos, pero, mentres isto está a pasar o PAS laboral continúa sen executárselle o asinado en convenio colectivo de 2005.
     
    Vemos, hoxe, que a partida de persoal incrementouse, a pesar da diminución dos salarios a causa do decretazo, deste incremento o PAS laboral tampouco se beneficiou.
     
    Até cando a discriminación?.
     
    Por outro lado. Cantos Claustros ten que haber ao ano?. Cantos se fixeron no 2011?.
     
    Xerenta:
     
    Si se houbera aprobado a RPT…
     
    Xosé Portela:
     
    Pois sigan con ela metida no caixón!.
     
    Da segunda pregunta non houbo resposta, para o voso coñecemento:
     
    Regulamento de réxime interno do claustro da Universidade da Coruña

    ►    Artigo 11. Das sesións do Claustro

    1. O Claustro universitario ten que se reunir en días administrativamente hábiles.
    2. O Claustro da Universidade da Coruña traballará en pleno, nas comisións que regula expresamente este regulamento ou naquelas outras comisións que decida constituír.
    O Pleno do Claustro universitario debe reunirse con carácter ordinario, cando menos, dúas veces ao ano durante o período de actividade docente. Os claustros ordinarios non se realizarán en datas de exames oficiais. Ademais das reunións ordinarias, o Pleno do Claustro poderá reunirse con carácter extraordinario de acordo co que dispón o artigo 12 do presente regulamento.
     
    Posteriormente o Sr. Reitor despediuse dos membros do Consello de Goberno

     

     

     

     

     

     

     

     

CUT da UDC . SEMPRE DO LADO DAS TRABALLADORAS E TRABALLADORES

cutudc.com, 2009. Publicado baixo licencia Creative Commons DHTML Menu By Milonic JavaScript