19/12/2011
CUTUDC / Novidades
ACTUALIDADE
A Xunta non cubrirá as baixas nin as xubilacións
A administración non será unha saída para os parados galegos porque a Xunta non seguirá "incrementando o seu custo" de funcionamento.
Alberto Núñez Feijóo explicou que o seu
Goberno apostará pola "eficiencia", sen cubrir
xubilacións nin contratar interinos e
aproveitando o traballo dos empregados fixos se
o servizo non se resente.
Esta é a súa receita para poder manter o
"equilibrio" entre as nóminas públicas e a
solvencia da administración. Con ela saíu ao
paso das preguntas dos xornalistas tras o
Consello da Xunta sobre a proposta de Joan
Rossell, presidente da patronal estatal, de
despedir 900.000 traballadores públicos para
aliviar as contas. Non coñezo a proposta da
CEOE, pero si o que fai a Xunta", indicou.
O Executivo autonómico cubrirá como máximo o
10% de xubilacións en aplicación das normas
fixadas polo Goberno central e decidiu
paralizar a contratación de interinos, como
adiantou este diario. De feito, a Consellería
de Educación prescindiu de máis de 500
profesores nesta situación. As cifras mostran a
contención no volume de nóminas da Xunta, que
paga a 89.313 traballadores, con cifras de
xaneiro deste exercicio.
Quen somos | Contacto | Axuda
cutudc.com, 2009. Publicado baixo licencia Creative Commons DHTML Menu By Milonic JavaScript