19/12/2011
CUTUDC / Novidades
ACTUALIDADE
Vampiros capitalistas: Os bancos gañaron 9.328 millóns e piden máis reformas
A banca pediu máis esforzos para corrixir o déficit público e reformas estruturais "efectivas" que permitan á economía gañar competitividade e saír dunha situación "delicada". Todo iso malia ter gañado cantidades inxentes do diñeiro este 2011.
A crise golpea. Afecta aos cidadáns, que
moitos deles perden o seu traballo, a súa
vivenda, as súas pensións ou os servizos
sociais. Aos bancos tamén lles afecta, pero
doutra forma. Gañan menos, pero seguen gañando.
Os grupos bancarios que operan no Estado
lograron un beneficio neto conxunto de 9.328
millóns de euros entre xaneiro e setembro, o
que resulta un 15,4% menos que no mesmo período
de 2010, debido á menor demanda de créditos e
ao incremento da morosidade, froito da propia
crise.
Segundo a Asociación Española de Banca (AEB)
estas contas non inclúen o Banco de Valencia,
posto que a entidade
foi intervida polo Banco de España o pasado
21 de novembro.
Pedro Pablo Villasante, secretario xeral da
(AEB), explicou que estes resultados se
obtiveron nun ámbito económico difícil, aínda
caracterizado polo estancamento da actividade e
as tensións nos mercados financeiros.
Así mesmo, a morosidade da banca creceu ata o
4,65% dende o 4,27% que había en setembro de
2010, ao tempo que o ratio de cobertura
empeorou ata o 59%, dende o 67% dun ano
antes.El crédito á clientela creceu o 2,4% e
situouse en 1,39 billóns de euros a finais de
setembro, en tanto que os depósitos dos
clientes aumentaron o 6,1% e alcanzaron os 1,13
billóns, o que mellorou a cobertura de créditos
con depósitos ata o 80,9% dende o 78,1% que
había un ano antes.
A banca pide reformas "efectivas"
A banca pediu máis esforzos para corrixir o
déficit público e reformas estruturais
"efectivas" que permitan á economía gañar
competitividade e saír dunha situación
"delicada", na que hai posibilidades de "entrar
en recesión".
Villasante engadiu que as reformas deben ir
dirixidas a rebaixar a prima de risco de
España, que condiciona o financiamento das
empresas nacionais.
Na súa opinión, débese "perseverar" na
corrección do déficit público para lograr os
obxectivos comprometidos e ao mesmo tempo,
traballar para gañar competitividade.
É dicir, menos servizos públicos (menos gasto
público), máis negocio e cartos para eles.
Quen somos | Contacto | Axuda
cutudc.com, 2009. Publicado baixo licencia Creative Commons DHTML Menu By Milonic JavaScript