19/12/2011
CUTUDC / Novidades
ACTUALIDADE
Os traballadores impiden a realización do Consello de Goberno onde se ía a aprobar o plan de viabilidade
Os sindicatos dos traballadores calculan que o plan de viabilidade supoñerá o despedimento de 306 traballadores do persoal de administración e servizos (PAS) (o 23% deste persoal, 224 deles funcionarios interinos e outros laborais temporais).
O Consello de Goberno da
Universitat Politècnica de Catalunya (UPC)
suspendeu a reunión prevista no reitorado da
universidade para discutir o plan de
viabilidade ante a protesta duns 300
traballadores do centro que impediron o acceso
ao encontro. Fontes da UPC explicaron que a
reunión se tivo que suspender pola protesta.
Segundo unha nota colgada na web do centro, "a
reunión extraordinaria do claustro
universitario retomarase o próximo día 21 de
decembro".
Na orde do día figura de novo o plan de
viabilidade.
O Consello de Goberno está inmerso no debate
sobre o modo en que fai fronte ao déficit de
100 millóns de euros que arrastra a
universidade, e que previsiblemente supoñerán
novos recortes máis alá dos 38 millóns de euros
menos achegados este ano pola Generalitat. O
plan de viabilidade, que se realiza coa vista
posta no horizonte de 2014, pasará polo
Consello Social e o claustro, e a UPC subliñou
o seu compromiso de presentalo á Generalitat
antes de que remate o ano.
A UPC planea revisar taxas, captar máis
estudantes e eliminar másteres deficitarios
O pasado mes de xullo o a
UPC presentou os primeiros obxectivos do citado
plan 2011-2014. Neste documento, o centro
explica os recortes acometidos para o curso
2011, para o que o centro xa aprobou unhas
contas un 18,7% máis reducidas que un ano
antes. A débeda que acumulaba a UPC era o 31 de
decembro de 2010 de 82,1 millóns. O avultado
endebedamento segue crecendo e súmase unha
transferencia por parte da Generalitat que
volverá ser menor que hai dous anos.
En novembro, o reitor da UPC, Antoni Giró
presentou un plan máis detallado de proposta,
que ademais de recortes no gasto de emprego e
en másteres con poucos alumnos ou a redución de
materias de libre elección, falaba de novas
vías de financiamento, como a captación de máis
alumnos con materias semipresenciais. Ademais
solicitan á Generalitat que se revisen as
tarifas, para que os estudantes non
comunitarios paguen máis.
Os sindicatos dos traballadores calculan que o
plan de viabilidade supoñerá o despedimento de
306 traballadores do persoal de administración
e servizos (PAS) (o 23% deste persoal, 224
deles funcionarios interinos e outros laborais
temporais). Ademais, centenares (500) de
profesores e temporais irán á rúa e ao resto
dos docentes e investigadores aumentaráselles a
carga docente. Por todo iso, solicitan a
dimisión do reitor Antoni Giró, acusándoo de
ser o responsable de "tantos despropósitos e
mala xestión".
Quen somos | Contacto | Axuda
cutudc.com, 2009. Publicado baixo licencia Creative Commons DHTML Menu By Milonic JavaScript