19/12/2011
CUTUDC / Novidades
ACTUALIDADE
Quen traballa máis en Europa e cual é o estado máis produtivo?
Cada vez que se fala de traballo e produtividade existe o estereotipo da eficiencia alemá e a indolencia grega.

Dise que os gregos son uns vagos e que os
alemáns son os campións da produtividade en
Europa. Non obstante, estes datos publicados
pola
Oficina de Estatísticas Europea, para as
horas traballadas nos 27 países da Unión
Europea din outra cousa: os alemáns non son os
máis produtivos de Europa e os gregos non teñen
nada de frouxos. De feito son os que máis
traballan, como mostra a primeira gráfica.
Esta semana demos conta da falacia do chamado
dispendio dos países da periferia, ao
contrastar os datos para a débeda pública da
eurozona e a súa
variación entre 2000 e 2010. Durante moito
tempo botouse a culpa a este dispendio da
actual crise e resulta que os países máis
"desbaldidores" e que aumentaron
significativamente a súa débeda pública, son
Francia e Alemaña. Agora,
datos en man podemos ver os que son os que
traballan máis horas á semana e que son os máis
produtivos.

Cando nos fixamos nos números reais, os gregos
son os maiores traballadores europeos xunto cos
austríacos: 43,7 horas por semana fronte a 42
horas dos alemáns. España traballa 41,6 horas á
semana, mentres Francia 41,1 horas. Os
italianos están máis abaixo con 40,5 horas. Os
máis frouxos son os daneses, que traballan 39,1
horas... Polo lado da produtividade (segunda
gráfica) a de Alemaña é só un 23,7% maior á
media da Unión Europea. Neste indicador gaña
lonxe Luxemburgo, cunha produtividade 89% maior
á media europea. Ségueo bastante lonxe Holanda,
con 36,5% superior á media europea; Bélxica con
34,7%; Francia con 32,7%, e Irlanda con 25,6%.
España tamén está sobre a media cunha
produtividade de 7,9%. Pode ver aquí o
gráfico interactivo.
Estes datos de Eurostat foron publicados onte,
durante a reunión dos líderes europeos para
rescatar a moeda única. As cifras móstrannos
que hai moito de prexuízo cando se trata os
gregos de frouxos, ou cando se di que os
alemáns son os máis traballadores de Europa. Se
algunha vez iso foi así, hoxe a cousa cambiou.
Co lacerante desemprego xuvenil que en Grecia
chega ao 43,5%, é esperable que calquera grego
con traballo se senta moi afortunado e que se
aferra a ese traballo con forza. Isto tamén nos
achega datos sobre a deterioración que vive
parte importante da poboación europea.
Máis información |
EuroStat
Quen somos | Contacto | Axuda
cutudc.com, 2009. Publicado baixo licencia Creative Commons DHTML Menu By Milonic JavaScript