19/12/2011
CUTUDC / Novidades
ACTUALIDADE
Á CEOE sóbranlle un millón de “funcionarios”
Juan Rosell na súa dobre función de presidente da Patronal CEOE e bombeiro pirónamo, utilizou todos os tópicos da desinformación nun totum revolutum de falsos datos e afirmacións tremendistas para acabar afirmando que obran empregados públicos e que hai que poder despedilos.
Para a CEOE, díxonos Rosell nun cálculo que non
se sabe moi ben como se realizou e de que xeito
se xustifica, "hai preto de 900.000 empregados
públicos que sobran". Pero intenta dar certa
validez á cifra falando de traspasos de
competencias, duplicación de persoal en
concellos, e unha molesta insistencia en
cultura... Xa se ve claro que á Patronal lle
sobran as funcións de Cultura... para que? Se
os traballadores e traballadoras cobran
mini-salarios, teñen mini-dereitos e un
precario mini-emprego, o mellor que poden facer
estar enganchado a Sálvame, e non tanto polo
seu contido senón por como se adecúa ao
naufraxio persoal e laboral o nome do programa.
E sobre todo, porque a suposta "salvación" vai
en singular... nada de organizarse e encontrar
saídas colectivas á crise, proque entón quizais
o señor Rosell e os seus amigos non terían o
privilexio de ir provocando incendios polos
medios de comunicación.
En calquera caso, a cifra de 900.000 empregados
que "sobran" segundo a CEOE non está mal
escollida. Case suxire o tremendismo de 1
millón máis de desempregados, e acerta en
magnitude para premer con forza á baixa os
salarios e as condicións laborais e incrementar
de forma exponencial o medo e a sensación de
precariedade... e non só no mercado laboral,
senón tamén nos servizos públicos, xa que fala
de funcionarios sen especificar (e polo tanto
pode tratarse naturalmente de persoal
sanitario, de educación, dedicado ao traballo
social, etc...)
Menos mal que coñecemos a realidade e esta
demostra de xeito tozudo circunstancias ben
distintas, No Estado, a poboación empregada
no sector público é inferior ao 10%, fronte ao
16% da media europea, superada en países como
Irlanda (12,2%), Finlandia (18,9%) ou Dinamarca
(25,7%). Ademais, un de cada catro asalariados
públicos non ten emprego estable e nalgúns
sectores, como a sanidade, a educación ou a
Administración local, a temporalidade supera o
35%.
Pero para a patronal, non só se trata do número
de funcionarios, senón tamén dos seus salarios.
No informe subliña que entre 2002 e 2009 os
soldos públicos creceron un 5,6%, mentres que
os privados o fixeron nun 2,8%. Non obstante,
os datos sobre a evolución dos soldos privados
non teñen en conta en moitos casos os salarios
dos altos cargos (os mellor retribuídos), xa
que estes aparecen en categorías diferentes á
de asalariados. Tamén nisto a realidade é ben
diferente á que se nos quere facer ver, dende o
ano 1982, os empregados públicos sufrimos unha
perda de poder adquisitivo do 24,5%.
Quen somos | Contacto | Axuda
cutudc.com, 2009. Publicado baixo licencia Creative Commons DHTML Menu By Milonic JavaScript