19/12/2011
CUTUDC / Novidades
ACTUALIDADE
"No caso de accidente non hai Plan de Emerxencia que evite unha Traxedia"
Cunha nota informativa, a Xunta de Galicia pretende transmitir á veciñanza “tranquilidade” ante o primeiro simulacro de accidente, que se realizou o venres 16 de decembro, CATRO ANOS DESPOIS! da entrada en funcionamento de Reganosa. Sabendo ademais, que ningún plan de emerxencia pode protexer ás persoas desta comarca da ameaza que supón a Planta de gas.
Cal foi a actuación de
Reganosa e dos organismos públicos, dende a súa
entrada en funcionamento?
Reganosa incumpre sistematicamente a
legalidade. O Plan de Emerxencia tiña que
revisarse cada tres anos. Pero hai máis
exemplos disto.
Na noite do 19 ao 20 de abril de 2010
produciuse un incendio no complexo petroquímico
de Forestal a
A raíz deste incidente, na reunión mantida co
Director Xeral de Protección Civil en xuño de
2010, afirmou que non era competente no
relativo ao tráfico de gaseiros cargados con
gas natural licuado. Requiriuselle entón a
documentación sobre a súa actuación neste
incidente, e até o momento non lle foi
entregada.
Cal é a capacidade letal de Reganosa?
A planta de gas de Reganosa almacena 150.000
Tons. de gas natural licuado (GNL), un valor
enerxético equivalente a 120 bombas atómicas
como as lanzadas polo goberno norteamericano
sobre Hiroshima, situada a carón do complexo
petroquímico -Forestal del Atlántico- que
alberga
Doutra banda, os buques gaseiros que
subministran á planta, teñen que transitar pola
Ría, o que implica unha altísima probabilidade
de que, en caso de emerxencia, o gaseiro quede
encerrado no seu interior como nunha ratoeira,
ameazando coa súa carga á poboación de
Ferrolterra.
O pasado 21 de Novembro, o gaseiro “Arctic
Princess” quedaba á deriva fronte as nosas
costas. ¿Que sucedería si esta circunstancia se
dera co gaseiro cargado e dentro da Ria?. O
Plan de Emerxencia Exterior de Reganosa,
tampouco contempla como risco os derivados da
navegación de gaseiros cargados dentro da Ría.
Cales son as distancias aos núcleos de
poboación?
Ao redor da planta, nun radio de
Cales foron os perímetros de seguridade
establecidos en recentes accidentes de gas?
Debemos lembrar que a explosión nos Alfaques,
dun camión-cisterna cargado con tan só 25 Tons
de gas, ocorrido o 11/07/1978, provocou 243
mortos.
Cales son as distancias establecidas no Plan de
Emerxencia de Reganosa e noutras plantas
similares?
O Plan de Emerxencia Exterior de Reganosa
establece unha zona de intervención de tan só
A modo de exemplo, a propia Protección Civil na
web da Xunta de Galicia aconsella utilizar a
guía informática CANUTEC EGO 2008 que, para un
verquido de gas natural licuado NIP 1972,
recomenda considerar unha evacuación xeral ata
unha distancia mínima de
Alguén se pode crer que coas distancias de
alerta e intervención do Plan de Emerxencia
Exterior de Reganosa, inferiores aos casos
anteriormente descritos, a cidadanía queda
protexida?
Evidentemente que non, o Plan de Emerxencia
Exterior de Reganosa é un plan á medida para
que a instalación aparentemente encaixe no
espazo dispoñible en Punta Promontoiro, pero
totalmente inútil e inservíbel para a poboación
en caso de explosión ou fuga de gas.
Que cumpre facer, para evitar unha traxedia?
Hoxe pode constatarse que como proxecto
económico, Reganosa resultou un fracaso. A
produción non supera o 40%, un custe de sesenta
millóns de euros anuais que pagamos a cidadanía
a través das tarifas de gas e da electricidade.
Non hai motivo algún que poida xustificar
manter operativa unha planta de gas, que supón,
ademais dunha ameaza para a poboación, un alto
custe medioambiental, económico e social.
Polo tanto non cabe outra que o peche da
actividade da planta de Reganosa e a apertura
do subministro de gas a Galicia por gasoduto,
tal como viña sucedendo ata o 2007, pois teñen
a capacidade suficiente para subministrar gas,
tanto aos ciclos combinados como para consumo
industrial e doméstico.
Planta de Gas fora da Ría!
15 de Decembro de 2011
PLATAFORMA DE VECIÑOS CRUCEIRO DE MEHA
(MUGARDOS)
Quen somos | Contacto | Axuda
cutudc.com, 2009. Publicado baixo licencia Creative Commons DHTML Menu By Milonic JavaScript