19/12/2011
CUTUDC / Novidades
ACTUALIDADE
O Protocolo de Kioto morreu, a Convención de Cambio Climático agoniza
Algúns analistas concluíron que no recente cumio gobernamental sobre cambio climático de Durban se logrou manter con vida o Protocolo de Kioto, xa que a maioría dos países asinantes decidiron darse un segundo período de compromiso, e isto é polo menos un logro.
Non obstante hai varias razóns para
soster que o Protocolo de Kioto morreu. A
primeira é a razón do artilleiro: o seu
obxectivo principal era reducir un 5% as
emisións dos países desenvolvidos e isto non se
cumprirá. Non só non se cumprirá porque os
asinantes non alcanzaron esa meta (cousa que se
vía bastante probable), senón que porque varios
das máis importantes nacións non son parte, ou
abandonaron ese convenio. Estados Unidos,
Rusia, Canadá e Xapón xa non adhiren ese
protocolo e neles están máis da metade das
emisións que estaban comprometidas a ser
reducidas.
E esta é unha segunda razón para dicir que o
Protocolo de Kioto morreu: é un acordo
vinculante que xa non vincula. Un dos temas
centrais das negociacións sobre cambio
climático, dende o encontro de Bali (2007) ata
este cumio en Durban, fora a forma que
adquiriría a "arquitectura legal" dun novo
acordo para reducir as emisións de gases con
efecto invernadoiro. De feito este tema é tan
importante que se volveu a principal razón do
atraso de 36 horas na decisión de Durban.
Un dos fortes argumentos a favor de manter o
Protocolo de Kioto era que este era o único
tratado "xuridicamente vinculante" que tiñamos.
Pero o que acaba de suceder en Sudáfrica mostra
que mesmo baixo as obrigas destes tratados, hai
países que se poden desvincular. Que vida pode
ter un tratado que non cumpre o seu labor e do
que calquera se pode saír en calquera momento
sen castigo?
O que quizais podería preguntarse agora é se a
morte do Protocolo de Kioto non arrastrou
consigo a morte da propia Convención Marco do
Cambio Climático. Unha das razóns polas que os
países en desenvolvemento loitaban afanosamente
por lograr un segundo período de compromiso do
Protocolo é que este contén unha "devasa" que
mantén separados os compromisos dos países
desenvolvidos e os dos en vías de
desenvolvemento. Non obstante isto é un
espellismo: ese devasas está na Convención. É o
texto da Convención o que di que os países
desenvolvidos teñen que reducir as súas
emisións e os países en desenvolvemento teñen
dereito a aumentalas en virtude da súa
necesidade de desenvolvemento. É a Convención a
que divide os países en Anexo 1 e non Anexo 1.
Agora ben, quedou claro en Durban, por se non
se decataran antes, que varios países
desenvolvidos xa non aceptan esta tese e que
non entrarán en ningún acordo baixo estas
condicións. Pero tamén se fixo evidente que a
división entre desenvolvidos e en vías de
desenvolvemento xa non alcanza para dar conta
dos posibles arranxos con equidade. Isto quedou
moi claro en particular coa última discusión
entre India por un lado, e China e Brasil por
outro, nun dos últimos trasnoitados plenarios
en Durban.
E é evidente que destruído este "devasas" boa
parte dos contidos máis importantes da
Convención de Cambio Climático se derruban.
Paga a pena tamén recordar que un dos
obxectivos principais deste acordo era que os
países desenvolvidos reducisen as súas emisións
do ano 2000 ás que tiñan en 1990, extremo que,
como pode comprobarse doadamente, non se
logrou.
En consecuencia podería chegar a pensarse que
en Durban non só rematamos de enterrar o
Protocolo de Kioto senón tamén comezamos a
cavar a foxa da propia Convención.
Non podo resistir a tentación ao final deste
artigo de sinalar o doloroso paradoxo que nos
puxo o destino por diante. O próximo encontro
dos países participantes neste proceso (a COP
18), celebrarase en Catar, un país "en
desenvolvemento" cuxos ingresos dependen nun
85% da venda de petróleo e gas e que ten un dos
ingresos per cápita máis grande do mundo: 80
mil dólares ao ano. É nesa próxima etapa onde
debemos ter enfocadas as nosas esperanzas?
- Gerardo Honty é analista en enerxía e cambio
climático de CLAES, Centro Latinoamericano de
Ecoloxía Social
Mais informacion:
http://alainet.org
RSS:
http://alainet.org/rss.phtml Twitter:
http://twitter.com/ALAIinfo
Quen somos | Contacto | Axuda
cutudc.com, 2009. Publicado baixo licencia Creative Commons DHTML Menu By Milonic JavaScript