Decembro de 2011
 
 

19/12/2011

   CUTUDC / Novidades

  ACTUALIDADE
 

O que nos ten preparado Rajoy

Recortes nas plantillas de persoal interino e eventual, conxelación da oferta de emprego público, redución de pluses e complementos salariais e, moi posiblemente, conxelación dos soldos base. Isto é o que nos espera aos preto de tres millóns de traballadores da Administración Pública para o ano que vén.

 

  • O próximo Goberno di que non tomará unha decisión definitiva ata que non teña todos os datos sobre as contas públicas sobre a súa mesa, pero se Mariano Rajoy fai caso dos seus asesores económicos, no decreto de prórroga orzamentaria non incluirá un novo recorte nos soldos base dos funcionarios. Un destes asesores explícao así: "A rebaixa dun 5% sufrida polos empregados públicos foi unha medida moi dura. Se Mariano fai caso das nosas suxestións, conxelará os haberes para o ano que vén, iso si, reducirá algunhas partidas relacionadas cos pluses e os complementos salariais. Ir máis alá supoñería, posiblemente, unha provocación innecesaria para a función pública", parécelles pouca provocación outra baixada de soldo aínda que sexa pola vía de pluses e complementos.
     
    As mesmas fontes confirman que ademais de conxelar a oferta de emprego durante varios exercicios, o novo Goberno poñerá sobre a mesa recortes de persoal que afectarán ao persoal eventual e interino. Preto de 15.000 contratados públicos figuran na diana deste colectivo.
     
    Algunhas destas medidas serán anunciadas por Mariano Rajoy no debate de investidura que comeza no Congreso o próximo luns. A petición de sacrificios aos cidadáns gardará certa similitude coa que fixo Zapatero en maio de 2010 cando deu un xiro de 180 graos á súa política económica e baixo o lema de "custe o que me custe" anunciou a tesoirada do 5% aos funcionarios, a conxelación das pensións, o freo á lei de Dependencia e a supresión das axudas á maternidade, entre outras penalidades orientadas á redución do déficit ata o 3% en 2013.

     

     

     

     

     

 

 

 

 

 

 

CUT da UDC . SEMPRE DO LADO DAS TRABALLADORAS E TRABALLADORES

cutudc.com, 2009. Publicado baixo licencia Creative Commons DHTML Menu By Milonic JavaScript