19/12/2011
CUTUDC / Novidades
ACTUALIDADE
Mini-empregos, mini-salarios, mini-dereitos: o terrorismo da CEOE
En todos os medios destácase que Rosell se fixo eco da proposta do BCE sobre minitraballos ou minijobs: un contrato a tempo parcial de poucas horas de traballo, con soldos de 400 euros e con "flexibilidade total".
Rosell asegurou que a patronal conta
mesmo con enquisas entre parados que demostran
a aceptación desta fórmula de emprego precario.
"Eles apostan por iso", subliñou. Máis tarde,
no programa 59 segundos, o líder da patronal
volveu insistir no seu desexo de que a
contratación "sexa totalmente libre". Pois ben,
dende a experiencia das mulleres que padecemos
de forma grave no Estado a contratación
precaria a tempo parcial (o cal supón sempre
salarios insuficientes para unha vida plena e
autónoma), insisto en que os miniempregos con
minisalarios implican unha minivida con
minidereitos... e un incremento das tensións, a
desigualdade e a falta de equidade que nos está
a custar a saúde física e mental, cando non a
propia vida.
Esta categoría laboral establece soldos
inferiores ao Salario Mínimo Interprofesional
(641,40 euros en 2011). Os 'mini empregos' son
un tipo de contrato que contempla un ridículo
soldo máximo de 400 euros ao mes, salario que
non podería chamarse nin de subsistencia.
Aínda que o contrato sería por menos horas
laborais que un normal coa perda de forza da
negociación colectiva e o abaratamento do
despedimento que tamén se formula estaría
indefenso ante a presión empresarial para
traballar máis horas.
O traballador pode destinar de forma voluntaria
un 4,5% do seu soldo ao seguro de pensións. De
non o facer, a contía da súa pensión ascendería
a tres euros por ano traballado.
Anunciouse, tamén, que o novo goberno revisaría
os subsidios de desemprego para eliminalos ou
reducilos co que moita xente non lle quedaría
outra opción que aceptar condicións de traballo
moi á baixo
Cada vez se evidencia con máis forza que o que
se nos quere impoñer son modelos laborais xa
existentes (China, Taiwan…),
institucionalizando o escravismo laboral. Se
non reaccionamos imporase o terrorismo
empresarial, quedando sen dereitos nun mercado
(laboral) totalmente liberalizado. Temos que
sacudirnos o po que de tanta inacción se foi
depositando por riba de nós, temos que saír á
rúa e defender os dereitos que con tanto
sufrimento nos custou, como clase, acadar.
Quen somos | Contacto | Axuda
cutudc.com, 2009. Publicado baixo licencia Creative Commons DHTML Menu By Milonic JavaScript