Decembro de 2011
 
 

19/12/2011

   CUTUDC / Novidades

  ACTUALIDADE
 

O secretario económico do PP avanza a posibilidade dunha suba do IVE

O secretario de Economía e Emprego do PP, Álvaro Nadal, eludiu descartar se Mariano Rajoy subirá o IVE cando asuma o Goberno, aínda que precisou que as alzas de impostos son un "mal recurso" para unha economía "precaria" como a "española".

 

  • Non obstante, o dirixente do PP advertiu de que a solución non é espremer máis o cidadán para que os gastos sigan financiándose e recordou que o ano pasado se subiu o IVE e non se melloraron os ingresos por ese tributo.
     
    "Se a vaca non dá máis leite, non se lle pode muxir máis. Isto é o que está a pasar coa economía española", avisou o secretario de Economía e de Emprego do PP.
     
    Nadal tamén se referiu á reforma laboral que quere aprobar Rajoy, da que dixo que se fará aínda que se opoñan os sindicatos.
     
    En canto a se o PP conta con que Estado pode entrar novamente en recesión, Álvaro Nadal afirmou que o seu partido sabe que non vai ser doado e que "o primeiro ano de lexislatura vai ser moi complicado", xa que o "ciclo vai por unha inercia moi mala".

     

     

     

     

     

     

     

 

 

 

 

 

 

CUT da UDC . SEMPRE DO LADO DAS TRABALLADORAS E TRABALLADORES

cutudc.com, 2009. Publicado baixo licencia Creative Commons DHTML Menu By Milonic JavaScript