Número 114 - 19 de decembro de 2011
 
 
UNIVERSIDADE - eleccións a reitor

    Nas eleccións realizadas o pasado día 13 a Comunidade Universitaria outorgou a responsabilidade de goberno a Xosé Luís Armesto.
     
    No colectivo de PAS queda moito traballo por facer, sen ir máis lonxe, moitos dos acordos recollidos en convenio desde o ano 2005 están sen executar, agardamos sexan abordados e levados á práctica de xeito inmediato, nós estamos dispostos a reunirnos, de xeito inmediato, para darlles as solucións reclamadas desde fai anos, nós seguiremos esixindo a súa execución.

UNIVERSIDADE

    Recibimos a convocatoria do Consello de Goberno que se realizará o vindeiro día 20. Transmitímosvola para o voso coñecemento. De haber algún punto que sexa do voso interese poñédevos en contacto connosco, tamén se tedes algo que desexedes se comente no dito órgano facédenolo saber.

UNIVERSIDADES - ESTADO

    A directora da Axencia Nacional de Avaliación da Calidade e Acreditación universitaria (ANECA), Zulima Fernández, considera que no Estado hai unha oferta demasiado grande de títulos universitarios, uns 5.000, tamén sinalou que nos de grao é excesiva a especialización.

LABORAL - MINIEMPREGOS

    En todos os medios destácase que Rosell se fixo eco da proposta do BCE sobre minitraballos ou minijobs: un contrato a tempo parcial de poucas horas de traballo, con soldos de 400 euros e con "flexibilidade total".

CRISE

    Ao albor da crise da débeda soberana dos países da Unión Europea e dunha suposta descapitalización dos bancos, os "mercados", como elefante nunha cacharraría, apostaron decididamente por destruír e vampirizar os Estados do Benestar. Os recortes de Cospedal en Castela-A Mancha son un perfecto exemplo da brutal ofensiva á que deberá enfrontarse a clase traballadora.

O ESTADO DAS COUSAS

    As entidades financeiras téñeno máis que claro: pódese tomar diñeiro barato no BCE e colocalo en emisións a curto prazo que ofrezan unha alta rendibilidade e deixen un diferencial íntegro para elas.

CRISE - CATALUNYA

    O Gobern catalán avanzou que os funcionarios que dependen da Generalitat cobrarán a mensualidade de decembro o día 21, pero só garante que poderá pagar o 80% da extra de Nadal o 28 deste mes, unha semana máis tarde do habitual, e o 20% restante aboaríase en xaneiro.

ADMINISTRACIÓN PÚBLICA

    Os compañeiros da Asociación para a Defensa da Función Pública Aragonesa fannos chegar o informe xurídico elaborado polo catedrático de Dereito Administrativo Miguel Sánchez Morón sobre o alcance do deber das Administracións Públicas de incluír na oferta anual de emprego público as prazas vacantes ocupadas por persoal interino e de publicar en prazo as correspondentes convocatorias de procesos selectivos.

ECONOMÍA

    Cada vez que se fala de traballo e produtividade existe o estereotipo da eficiencia alemá e a indolencia grega.

GASTO PÚBLICO

    Mentres por un lado se esixe a contención do gasto, rebaixando salarios públicos, eliminando servizos públicos…, o comportamento das administracións dilapidan sen pudor o diñeiro público nos mesmos “asuntos” que en épocas de bonanza, seguimos en chourizolandia

ECOLOXÍA

    Algúns analistas concluíron que no recente cumio gobernamental sobre cambio climático de Durban se logrou manter con vida o Protocolo de Kioto, xa que a maioría dos países asinantes decidiron darse un segundo período de compromiso, e isto é polo menos un logro.

OPINIÓN - ISAAC ROSA

    Se crían que cos contratos lixo e o traballo precario xa o viran todo en materia de deterioración laboral, agárrense que veñen curvas: os minijobs. O nome con que nos venden o invento debe de ser cousa dalgún propagandista hábil, porque dá ata tenrura, como unha mascota. "Cariño, conseguín un minijob". "Ai, que mono, que pequecho".

    
  •   
 
 UNIVERSIDADES GALEGAS
    O documento, presentado polo Conselleiro de Educación, ten como obxectivo a elaboración dunha lei “necesaria pola actual dispersión da normativa existente”.
 A Universitat Politècnica de Catalunya (UPC) quere despedir 306 PAS e 500 PDI
    Os sindicatos dos traballadores calculan que o plan de viabilidade supoñerá o despedimento de 306 traballadores do persoal de administración e servizos (PAS) (o 23% deste persoal, 224 deles funcionarios interinos e outros laborais temporais).
 ADMINISTRACIÓN PÚBLICA - GALICIA

    A administración non será unha saída para os parados galegos porque a Xunta non seguirá "incrementando o seu custo" de funcionamento.

A PATRONAL DESBOCADA
    Juan Rosell na súa dobre función de presidente da Patronal CEOE e bombeiro pirónamo, utilizou todos os tópicos da desinformación nun totum revolutum de falsos datos e afirmacións tremendistas para acabar afirmando que obran empregados públicos e que hai que poder despedilos.
 ADMINISTRACIÓN PÚBLICA

    Recortes nas plantillas de persoal interino e eventual, conxelación da oferta de emprego público, redución de pluses e complementos salariais e, moi posiblemente, conxelación dos soldos base. Isto é o que nos espera aos preto de tres millóns de traballadores da Administración Pública para o ano que vén.

 O RESCATE DO SISTEMA

    A banca pediu máis esforzos para corrixir o déficit público e reformas estruturais "efectivas" que permitan á economía gañar competitividade e saír dunha situación "delicada". Todo iso malia ter gañado cantidades inxentes do diñeiro este 2011.

 CEOE - SINDICATOS GOBERNAMENTAIS

    "Moi hilvanados". Así definía un destacado dirixente sindical o estado dos acordos entre os axentes sociais en materia de mediación e arbitraxe, absentismo e mutuas, festivos e formación.

 Caso Reganosa
    Cunha nota informativa, a Xunta de Galicia pretende transmitir á veciñanza “tranquilidade” ante o primeiro simulacro de accidente, que se realizou o venres 16 de decembro, CATRO ANOS DESPOIS! da entrada en funcionamento de Reganosa. Sabendo ademais, que ningún plan de emerxencia pode protexer ás persoas desta comarca da ameaza que supón a Planta de gas.
 ECONOMÍA
    O secretario de Economía e Emprego do PP, Álvaro Nadal, eludiu descartar se Mariano Rajoy subirá o IVE cando asuma o Goberno, aínda que precisou que as alzas de impostos son un "mal recurso" para unha economía "precaria" como a española.
    LINGUA
    Que os contumaces inimigos da lingua galega traten de borrala de calquera manifestación da vida social non resulta nada sorprendente. E que en ocasións teñan apoios explícitos dalgunhas institucións que teñen entre as súas obrigas a de promover unha maior presenza social da lingua, tampouco
    CARTAS QUE RECIBIMOS
    Seguimos a contar coas vosas colaboracións. Agradecemos o interés das vosas aportacións

     

    

Actuacións da Xunta de Persoal

  •   
    

Vindeiras actuacións do Comité

     

  •   
    

Achéganos a túa opinión

Escríbenos ao enderezo electrónico:
cutudc@cutudc.com

  •   
    
  •   
Números anteriores
 
De interese
O sindicalismo de clase depende de tí
CALENDARIO LABORAL 2010
CALENDARIO LABORAL 2011
CALENDARIO LABORAL 2012
A LOITA DE AMINETU HAIDAR REPRESENTA A TODO UN POBO. SOLIDARIEDADE CO POBO SAHARAUÍ
 
Sácalles a lingua  
 
CONTRA O PACTO SOCIAL
O XORNAL - información obreira
O IMPERIALISMO NON PASARA!!
NON AS NUCLEARES
8 DE MAIO, CONTRA O SAQUEO DA NOSA TERRA

cutudc.com, 2009. DHTML Menu By Milonic JavaScript