19/12/2011
CUTUDC / Novidades
ACTUALIDADE
A lingua propia de Galicia é o galego
Que os contumaces inimigos da lingua galega traten de borrala de calquera manifestación da vida social non resulta nada sorprendente. E que en ocasións teñan apoios explícitos dalgunhas institucións que teñen entre as súas obrigas a de promover unha maior presenza social da lingua, tampouco
Mais que o Valedor do Pobo -de ser certa
a información que hoxe ofrecen
Atlántico Diario,
Faro de Vigo e
ABC-, o responsable de velar polo
cumprimento da lexislación que temos, ignore os
contidos do
Estatuto
de Autonomía, parece un absurdo, mesmo
cómico se non fose pola trascendencia do cargo
e das súas decicisións. Un esperpento ao que
non é allea a actitude pasiva, cando non
agresiva, fomentada polo actual Goberno galego.
Desde ProLingua esiximos unha rectificación
inmediata e pedimos a dimisión dun Valedor do
Pobo que con esta resolución mostra a súa
incompetencia para o cargo e unha
teima probada contra a lingua propia de
Galicia (así denominada no Estatuto de
Autonomía, o mesmo que dá razón de ser ao posto
cuxos preceptos máis básicos incumpre con
frecuencia).
Prolingua
Quen somos | Contacto | Axuda
cutudc.com, 2009. Publicado baixo licencia Creative Commons DHTML Menu By Milonic JavaScript