Decembro de 2011
 
 

19/12/2011

   CUTUDC / Novidades

  ACTUALIDADE
 

Xa temos "novo" reitor

Nas eleccións realizadas o pasado día 13 a Comunidade Universitaria outorgou a responsabilidade de goberno a Xosé Luís Armesto.
 
No colectivo de PAS queda moito traballo por facer, sen ir máis lonxe, moitos dos acordos recollidos en convenio desde o ano 2005 están sen executar, agardamos sexan abordados e levados á práctica de xeito inmediato, nós estamos dispostos a reunirnos, desde agora mesmo, para darlles as solucións reclamadas desde fai anos.  Seguiremos, en calquera caso, esixindo a súa execución.

 

  • Noticias relacionadas

  • Como facemos habitualmente imos reflexionar sobre o voto do noso colectivo
     
    Datos comparativos das últimas eleccións no PAS

     

    ANO

    CENSO

    VOTOS

    BRANCO

    NULOS

    ABST.

    BARJA

    OUTRO (PAZOS-TEIJEIRO)

    DIFEREN.

    PARTI.

    2003

    678

    620

    21

    1

    58

    324

    275

    49

    91,59%

    2007

    680

    529

    78

    14

    151

    263

    174

    89

    77,79%

    2011

    751

    628

    34

    2

    123

    ----------

    ------------

    ------------

    83,62%

     

    2011, primeira volta, reparto por Campus do voto do PAS:
     

    ANO 2011

    CENSO

    VOTOS

    BRAN.

    NUL.

    ABST.

    PART.

    Nav.

    Paz.

    Rec.

    Arm.

    Cas.

    FERROL

    115

    95

    2

    1

    20

    82,60%

    6

    6

    20

    27

    33

    CORUÑA

    636

    533

    32

    1

    103

    83,80%

    84

    58

    35

    191

    132

    TOTAIS 751 628 34 2 123 83,62 90 64 55 218 165

     

    Datos da segunda volta e definitiva:

     

    CAMPUS

    CENSO

    VOTOS

    BRANCO

    NULOS

    ABST

    ARMESTO

    CASTEDO

    DIF

    PARTI

    FERROL

    116

    91

    4

    0

    25

    35

    52

    17

    78,44%

    CORUÑA

    635

    507

    42

    1

    128

    222

    242

    20

    79,84%

    TOTAIS

    751

    598

    46

    1

    153

    257

    294

    37

    79,63%

     

    O voto anticipado compútase na Coruña.
     
    Da análise dos datos tírase:

     

    • O voto do PAS é importante, en momentos en que as diferenzas son pequenas pode ser decisivo.
    • A polarización incrementou o número de votos  dos candidatos (os dous teñen unha gran cantidade de votos “prestados”, moitos traballadores/as optaron polo voto ao "mal menor".).
    • Incrementouse nun 4% a abstención entre a primeira e a segunda volta.
    • Perda progresiva, a medida que se foron realizando convocatorias desde o 2003, de votos do candidato de “esquerda” pese a que aumentou o número de votantes.
    • E o máis importante, gañou o candidato da "dereita" nas dúas convocatorias anteriores  gañara o candidato de “esquerdas”.


    Compre que o Sr. Reitor electo reflexione sobre os datos e reconduza a situación, insistir na continuidade no que atinxe ao realizado no colectivo de PAS non serviría máis que para afondar a sima que se está a crear entre o equipo reitoral e o sector. Outro dato significativo é que, por primeira vez, ningún sindicato se pronunciou directamente pedindo o voto para o candidato, cando en convocatorias anteriores si o fixeron.
     
    Como tamén dixemos noutro PASquín, era previsible que pasase co voto anticipado que chegase a non ser un voto secreto. E pasou. Se ides ao arquivo (no que segue sen aparecer o voto anticipado do PAS) http://www.udc.es/export/sites/udc/_galeria_down/sobreUDC/secretaria/documentos/eleccions/Reitor2011/EscrutinioPorCircuns.pdf observaredes que, na última páxina aparece esta táboa:
     
    Circunscrición: VOTO ANTICIPADO ELECTRÓNICO
    Sector: PROF. DOUTOR CON VINCULACIÓN PERMANENTE

    Nome Candidato

    Votos

    ARMESTO BARBEITO, XOSE LUIS

    2

    CASTEDO RIBAS, LUIS

    0

     

    Os nomes das persoas que solicitaron o voto electrónico estivo exposto na páxina da UDC (agora xa non), polo tanto sería fácil saber quen exerceu o voto e, por conseguinte, saber o candidato da súa preferencia.
     
    (Aínda que non estivera exposto o nome dos solicitantes estariamos nas mesmas, alguén, no proceso, tería coñecemento deles).
     
    Reiteramos a nosa proposta e instamos ao novo Reitor a tratar os asuntos pendentes desde a mellor das disposicións para intentar chegar a acordos.

     

     

     

 

 

 

 

 

 

CUT da UDC . SEMPRE DO LADO DAS TRABALLADORAS E TRABALLADORES

cutudc.com, 2009. Publicado baixo licencia Creative Commons DHTML Menu By Milonic JavaScript