19/12/2011
CUTUDC / Novidades
ACTUALIDADE
Concellos e deputacións subiron o gasto en persoal de confianza un 76% dende 2007
Mentres por un lado se esixe a contención do gasto, rebaixando salarios públicos, eliminando servizos públicos…, o comportamento das administracións dilapidan sen pudor o diñeiro público nos mesmos “asuntos” que en épocas de bonanza, seguimos en chourizolandia
Mentres Xunta e Goberno central aplicaron
recortes severos tanto nas súas plantillas como
no número de altos cargos, estas medidas de
austeridade non tiveron reflexo de momento nos
presupostos das administracións locais. A pesar
da crise e da asfixia financeira que padecen,
tanto concellos como deputacións dispararon o
gasto en persoal contratado a dedo nun 76%
dende que se iniciou a recesión económica no
ano 2007 e ata o pasado exercicio e ademais
destinaron un 25% máis a pagar altos cargos.
En concreto, durante os últimos catro anos,
coincidindo co inicio da crise, os presupostos
para o persoal das administracións locais
creceron nun 19,9%. O rechamante é que o maior
incremento do gasto se produce precisamente no
denominado "persoal eventual de gabinete", o
que revela unha aposta cada vez maior de
concellos e corporacións locais pola
contratación "a dedo". Así, as partidas
destinadas aos traballadores que conseguiron a
súa praza tras aprobar unhas oposicións
eleváronse só un 22,8% dende 2007, mentres que
o presuposto para persoal de confianza creceu
tres veces máis.
Presupostos
Segundo os presupostos de concellos e
deputacións, recompilados polo Instituto Galego
de Estadística (IGE), para o ano 2010 o gasto
previsto en persoal elevouse a 921 millóns de
euros, dos cales 774,9 millóns corresponden aos
concellos e o resto ás corporacións
provinciais. Antes de que aumentase a crise,
non obstante, as administracións locais tiñan
menos gasto no seu persoal: 767,7 millóns, dos
cales os municipios acaparaban 641 millóns.
Pero maior foi o incremento que experimentou o
persoal de confianza, sobre todo nas
deputacións. Aínda que os datos do Instituto
Galego de Estatística (IGE) non detallan datos
por provincias, revelan como as corporacións
provinciais pasaron de gastarse 1,1 millóns en
Tamén os concellos dispararon os seus
presupostos para persoal eventual dende os 5,6
millóns consignados antes da crise aos 8,8
millóns de 2010.
E, a contracorrente do que están a aplicar
outras administracións, concellos e deputacións
aumentaron altos cargos. O pasado ano
gastáronse 31 millóns de euros en edís e outros
responsables da corporación local, case sete
millóns máis que en 2007.
De novo as que máis se excederon foron as
deputacións, que elevaron os seus presupostos
para pagar altos cargos nun 41,9%. No caso dos
municipios, o incremento foi menor, de 23,8%.
Este maior o gasto das administracións pode
deberse tanto a un incremento no número de
altos cargos coma a unha mellora nas súas
retribucións.
Quen somos | Contacto | Axuda
cutudc.com, 2009. Publicado baixo licencia Creative Commons DHTML Menu By Milonic JavaScript