Decembro de 2011
 
 

12/12/2011

   CUTUDC / Novidades

  ACTUALIDADE
 

Posible inconstitucionalidade da decisión sobre a tarxeta sanitaria

A Asociación para a Defensa da Sanidade Pública da Área Sanitaria de Santiago denunciou ao Valedor do Pobo a posible a inconstitucionalidade da orde de 5 de setembro de 2011 pola que se actualiza o procedimineto para o recoñecemento do dereito á asistencia sanitaria por parte das persoas sen recursos económicos suficientes e daquelas que se encontran en situación de desemprego.

 

  • Noticias relacionadas

  • A ASOCIACIÓN PARA A DEFENSA DA SANIDADE PÚBLICA SOLICITA do Valedor do Pobo: 1) Que estude a posible incompatibilidade do artigo 3.A.4 da Orde de 5 de setembro de 2011 pola que se actualiza o procedemento para o recoñecemento do dereito á asistencia sanitaria por parte das persoas sen recursos económicos abondo e daquelas que se encontran en situación de desemprego coa Lei 14/1986, do 25 de abril, Xeral de Sanidade así como o Real Decreto Lexislativo 1/1994, do 20 de xuño, polo que se aproba o Texto Refundido da Lei Xeral da Seguridade Social; 2) Que promova no seu caso recurso de inconstitucionalidade ante o Tribunal Constitucional contra o artigo 3.A.4 da Orde de 5 de setembro de 2011 referida; 3) Que solicite da Consellería de Sanidade de la Xunta de Galicia a paralización da aplicación do artigo 3.A.4 Orde de 5 de setembro de 2011.
     
    Por entender que a citada Orde vulnera: os artigos 14, 15, 41 e 43 da Constitución española; o artigo 4 da Lei 8/2008, do 10 de xullo, de Saúde de Galicia; os artigos 1, 3.2 e 20 da Lei 14/1986, do 25 de abril, Xeral de Sanidade; o art.º 69 da Lei 21/2001, do 27 de decembro, que modifica o art.º 86.2 da Lei Xeral da Seguridade Social de 1994; a Lei 49/1998, do 30 de decembro, de Presupostos Xerais do Estado para 1999; o artigo 25 da Declaración Universal dos Dereitos Humanos; o artigo 12 do Pacto Internacional de Dereitos Económicos, Sociais e Culturais; o artigo 11 da Carta Social Europea; o artigo 35 da Carta dos Dereitos Fundamentais da Unión Europea; o artigo 12 da Lei Orgánica 14/2003, do 20 de novembro, de Reforma da Lei Orgánica 4/2000, do 11 de xaneiro, sobre dereitos e liberdades dos estranxeiros en España e a súa integración social, modificada pola Lei Orgánica 8/2000, de 22 de decembro e o artigo 15 da Lei 7/1985, de 2 de abril, Reguladora das Bases do Réxime Local.
     
    A AGDSP considera que grazas ás mobilizacións da Plataforma SOS Sanidade Pública e das organizacións cidadás, profesionais, políticas e sindicais que a integran da que formamos parte, a Consellería deu marcha atrás na aplicación desta orde aínda que esiximos que se modifique formalmente a Orde (Como fixo o Goberno de Canarias) e non só unha circular dirixida aos servizos sanitarios.
     
    Tamén esiximos que se retire que os emigrantes deban esperar seis meses tras empadroarse para poder recibir asistencia (malia que pagan os impostos indirectos que financian a sanidade galega).
     
    A AGDSP considera neste sentido que non se pode recorrer ao concepto de domicilio fiscal para a prestación de asistencia (186 días de residencia) por que segundo tres sentenzas do Tribunal Superno a residencia se refire ao concepto de empadroamento da Lei de Bases de Réxime Local (Lei de Imposto de Renda das Persoas Físicas)
     
    Manuel Martin Garcia
    Voceiro de Asociación Galega para Defensa dá Sanidade Pública

     

     

 

 

 

 

 

 

CUT da UDC . SEMPRE DO LADO DAS TRABALLADORAS E TRABALLADORES

cutudc.com, 2009. Publicado baixo licencia Creative Commons DHTML Menu By Milonic JavaScript