Decembro de 2011
 
 

12/12/2011

   CUTUDC / Novidades

  ACTUALIDADE
 

A crise sitúa en máximos a brecha entre ricos e pobres

O ingreso medio dos máis ricos é 11 veces maior que o dos que teñen menores ingresos

 

  • Noticias relacionadas

  •  

     

    A desigualdade existente entre ricos e pobres no seo dos países que compoñen a Organización para a Cooperación e o Desenvolvemento Económico (OCDE) incrementouse ata alcanzar o seu máximo nivel en 30 anos, segundo reflicte un informe elaborado pola institución internacional no que o estado sitúase lixeiramente por enriba da media da OCDE.
     
    Así, o documento sinala que os ingresos medios do 10% máis rico no conxunto da OCDE supoñen actualmente nove veces máis que os do 10% máis pobre. No caso do estado, esta brecha sitúase en once veces.
     
    En concreto, no estado, o ingreso medio do 10% da poboación con maiores ingresos era en 2008 ao redor de 38.000 euros, é dicir once veces maior que o do 10% da poboación con menores ingresos, que tiña un ingreso medio de 3.500 euros.
     
    "A desigualdade diminuíu dende mediados dos anos 80, contrariamente ao acontecido na maioría dos países da OCDE onde houbo unha tendencia importante á alza nos últimos 25 anos (...) Non obstante, datos estatais recentes mostran que a desigualdade incrementouse nos dous últimos anos, destaca a OCDE no caso do estado español.
     
    Ademais, no caso do estado o informe reflicte un aumento das horas traballadas para os traballadores con menor remuneración con respecto aos mellor remunerados. Dende mediados dos anos noventa, o 20% inferior dos asalariados aumentou o número anual de horas traballadas (de 1.040 a 1.180) mentres que o 20% superior dos asalariados diminuíu lixeiramente as horas de traballo (de 2.180 a 2.170).
     
    Na maior parte dos países da OCDE sucedeu o contrario, xa que os asalariados con menos ingresos traballaron menos horas e aqueles con máis ingresos traballaron máis.
     
    "O contrato social comeza a desfacerse en moitos países", advertiu o secretario xeral da OCDE, Angel Gurría, durante a presentación do informe en París, onde recoñeceu que este estudo contradí a presunción de que os beneficios do crecemento económico automaticamente se filtran aos menos favorecidos.
     
    "Sen unha estratexia completa de crecemento inclusivo, a desigualdade probablemente continuará aumentando", dixo Gurría
     

     

     

 

 

 

 

 

 

CUT da UDC . SEMPRE DO LADO DAS TRABALLADORAS E TRABALLADORES

cutudc.com, 2009. Publicado baixo licencia Creative Commons DHTML Menu By Milonic JavaScript