Decembro de 2011
 
 

12/12/2011

   CUTUDC / Novidades

  ACTUALIDADE
 

Estamos en época de pronunciamentos

Estamos en campaña electoral, momento de pronunciamentos, nós tamén, unha vez máis, imos explicitar a nosa posición.
 
Temos unha comunicación fresca e constante co colectivo de traballadores e traballadoras, polo tanto o noso parecer, supoñemos, é coñecido polo PAS..

 

  • Noticias relacionadas

  •  

    Somos un sindicato clasista, tomamos partido activo por unha das clases, a traballadora, polo tanto temos unha posición de esquerda, non nos valen as alternativas de dereitas pero tampouco calquera alternativa que se presente como de “esquerdas”.
     
    Queremos para a universidade unha alternativa de esquerda:
     
    Que entenda e atenda os intereses de todo os traballadores/as (que, na xestión deses intereses, non primen só os de algún dos colectivos que forman parte da comunidade universitaria, ben sexa por interese electoral, proximidade política ou de mera amizade).
     
    Queremos un equipo (de esquerdas, claro) que remate cos “fontaneiros” (PDI en funcións de xefaturas de servizo que, aprobado polo Consello de Goberno a instancia do equipo reitoral saínte, a parte dos emolumento revértelles nas promocións como docentes). Esiximos a profesionalización da xestión que remate cos comisarios políticos rexeitados desde épocas pasadas.
     
    Queremos unha alternativa que acabe co subemprego (ETT. Bolseiros en postos de PAS. Traballadores de proxectos en postos estruturais. Contratos a través de convenios…). Ningunha alternativa se poderá definir de esquerda se acepta a situación actual.
     
    Que defendendo a identidade nacional de Galicia traslade á actividade universitaria mediante as actuacións institucionais necesarias a defensa espallamento e dignificación da noso idioma (os alumnos queixase, con razón, de que só unha ínfima parte das materias se imparten en galego, abonda ver as páxinas web de centros e servizos para ver a situación do galego na UDC).
     
    Queremos, tamén,  que a Universidade sexa un servizo público de calidade que devolva á sociedade o que esta inviste mediante a formación e a investigación, que exerza a súa función con independencia de intereses económicos que ven á universidade como mero viveiro de traballadores esquecendo, intencionadamente, a creación de conciencias críticas.
     
    Queremos un equipo reitoral que máis aló de pronunciamentos, e nós estamos comprometidos, loite contra a implantación dos modelos privatizadores que se están a xeneralizar desde a Xunta e que se executarán na UDC coa construción da residencia universitaria construída e xestionada polo capital privado, neste aspecto rexeitamos tamén, a progresiva externalización de servizos que se están a implantar na UDC, unha privatización encuberta e que, polo que parece está a pasar desapercibida.
     
    Queremos, en definitiva, un equipo que non se limite a xestionar, queremos unha alternativa de esquerdas que sexa transformadora, que cambie o fondo e as formas, que goberne dun xeito favorecedor para toda a comunidade universitaria non só para unha parte dela.
     
    O día 13, actúa en conciencia..

     

     

     

 

 

 

 

 

 

CUT da UDC . SEMPRE DO LADO DAS TRABALLADORAS E TRABALLADORES

cutudc.com, 2009. Publicado baixo licencia Creative Commons DHTML Menu By Milonic JavaScript