Decembro de 2011
 
 

12/12/2011

   CUTUDC / Novidades

  ACTUALIDADE
 

Presidentes da UE reúnense en Marsella para escenificar unha nova parodia capitalista ao servizo do poder financeiro

Os principais líderes capitalistas de Europa comezan en Marsella un cumio -esixencia do poder financeiro- para intentar resolver os problemas do capital e seguir afondando as reformas contra a clase traballadora.

 

  • Noticias relacionadas

  •  

    A ritmo de melodrama europeo para "salvar o euro" comezou o cumio de Marsella.
     
    Sarkozy advirte dun risco de explosión na Unión Europea, e os medios do capital encárganse de transmitirnos unha mensaxe de alarma e unha visión do cumio como única esperanza para a salvación dos estado europeos e das súas respectivas economías, aínda que en realidade ben sabemos que non se trata máis que dunha parodia a grande escala coa que poder fixar conxuntamente as ferramentas xurídicas e financeiras que permitirán aos diferentes gobernos implantar as súas correspondentes políticas de axuste e austeridade, isto é, medidas dirixidas exclusivamente a atentar contra os dereitos da clase traballadora.
     
    O que se decida neste cumio, de feito, será de aplicación obrigatoria e inmediata para todos os países da UE, tal e como deixaron claras as diferentes manifestacións realizadas polos mandatarios presentes nesta, tanto na noite de onte, coma ao longo de toda esta pasada semana. Con estas medidas, sobra dicilo, conculcaranse dereitos básicos e fundamentais da cidadanía, tales como o dereito a un traballo e un salario digno, o dereito a unha educación e unha sanidade públicas e de calidade, a limitación no acceso ás coberturas e proteccións sociais que deberían ser garantidas polo estado, ademais do dereito á vivenda, e outros dereitos imprescindibles para asegurar unha mínima calidade de vida ao conxunto dos cidadáns e cidadás.
     
    En concreto, espérase a aprobación dun plan que inclúa medidos tales como rebaixas salariais xeneralizadas, aumentos dos impostos indirectos, privatización de servizos públicos esenciais, e outras imposicións similares destinadas a salvagardar os intereses da oligarquía e o poder financeiro, e para nada o benestar dos pobos ou a salvación dos estados, se por estados entendemos o conxunto dos seus cidadáns, e non aos poderes financeiros que o representan e gobernan de facto.
     
    O feito de que (como xa pasou en Grecia), os Estados estean a levar a cabo recortes en todas as áreas dos presupostos publicos a excepción das partidas destinadas a gastos militares ou aos gastos vinculados coas competencias asignadas aos Ministerios do Interior (policiais, etc.), demostra que se prevee un aumento da represión e a criminalización de todos aqueles sectores que presenten calquera tipo de resistencia a estas brutais medidas de axuste que están por chegar, e que non son máis, en realidade, que unha intensificación e xeneralización das que xa se viñeron aplicando na maioría dos países europeos durante os últimos anos, e en especial aqueles en peor situación financeira: Grecia, Irlanda, Italia, estado español.
     
    Kaos. Que as crises a paguen os ricos  

     

     

 

 

 

 

 

 

CUT da UDC . SEMPRE DO LADO DAS TRABALLADORAS E TRABALLADORES

cutudc.com, 2009. Publicado baixo licencia Creative Commons DHTML Menu By Milonic JavaScript