12/12/2011
CUTUDC / Novidades
ACTUALIDADE
"Non" haberá "outra oportunidade"
Non" haberá "outra oportunidade" di Sarkozy, ventrílocuo de Merkel. Oportunidade de que?, para que?, para quen?
Os que o pagamos todo -e niso estamos- e nos axustamos ao máximo para sobrevivir dignamente nunha situación económica de inxustiza social absoluta da que descoñecemos as súas orixes, porque nada fixemos para que se producise, sentímonos inmerecidamente ameazados por estas palabras. Unha vez máis preténdese que nos sintamos culpables do que outros fixeron. Se conseguen que nos autoculpabilicemos pola precaria situación económica actual, lograrán o noso silencio 'cómplice' e a conseguinte paralización en lugar da necesaria acción revulsiva contra tanta mentira e tanto abuso.
Quen somos | Contacto | Axuda
cutudc.com, 2009. Publicado baixo licencia Creative Commons DHTML Menu By Milonic JavaScript